Skip to Content

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Calendario de exames de pendentes

Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.

Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.

Adxudicación definitiva do fondo solidario de libros para o curso 2020/21

Informamos de que xa poden consultar na Secretaría do centro os libros de texto do fondo solidario adxudicados aos seus fillos para o curso 2020/21.

As familias do alumnado ao que lle corresponda o "cheque de axuda para a compra de material escolar" poden recollelo en Secretaría.

Convocatoria de premios extraordinarios da ESO

O día 24 de xullo, publicouse no DOG a Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Prazo de presentación: ABERTO

27/07/2020 - 21/08/2020

Acceso a ciclos FP: Calendario, prazas e criterios de selección

No seguinte enlace podedes consultar a información da Consellería sobre o acceso aos ciclos medio e superior de FP:  calendario e normativa básica sobre a distribución de prazas e os criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta.

Enlace 

Calendario fin de curso 2019/20 ESO, ESA e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase actualizado o calendario de final de curso 2019/20 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diúrno e adultos. Inclúe datas de  entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes. 

Información excursión 4º ESO

Debido ás circunstacias excepcionais derivadas do COVID-19, a excursión didáctica de 4º ESO queda anulada. O instituto está intentando xestionar coa axencia todo o referido á devolución das cantidades aportadas polo alumnado. A axencia ten que realizar unha serie de trámites á súa vez coa empresa maiorista contratada xa que o pago das reservas de albergue, actividades e viaxe xa foi realizado con anterioridade.

Vigo en Inglés - Concello de Vigo

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes (pendente de publicación en BOP) está previsto que comece o luns 16 de marzo e remate o 30 de marzo.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información en https://www.vigoeningles.org/

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Concurso de Clases sen Fume 2º ESO

Presentamos as actividades creativas que fixeron os alumnos/as dos tres grupos de 2º ESO do IES Santa Irene neste curso 2018-2019 para o Concurso de Clases sen Fume, organizado pola Consellería de Sanidade e pola Asesoría de Innovación Educativa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia.

As actividades que se presentan a continuación son:

  • Os slogans, que incentivan a disminución do consumo de tabaco.
  • As actividades creativas, en formato de vídeos que, promoven evitar o consumo de tabaco.

Te va a beneficiar no fumar

Alumnado de centros adscritos admitido en 1º de ESO

No arquivo adxunto aparecen relacionados alfabéticamente as alumnas e alumnos dos centros CEIP Canicouva e CEiP Pintor Laxeiro que están admitidos en 1º de ESO para o curso 2019-2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut