Skip to Content

3º ESO

Vigo en Inglés - Concello de Vigo

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes (pendente de publicación en BOP) está previsto que comece o luns 16 de marzo e remate o 30 de marzo.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información en https://www.vigoeningles.org/

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Programa Vigo en Inglés

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes comeza o luns 21 de xaneiro e remata o venres 1 de febreiro.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información www.vigoeningles.org

Xornadas de prevención de drogodependencias para 3º de ESO

Durante a semana do 14 ao 18 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO asistirá a varias sesións dun programa para prevención de drogodependencias, organizado por Vicedirección e o departamento de Orientación e impartido por persoas expertas do Concello de Vigo.

Convocado o programa Vigo en Inglés 2018

Publicadas as bases para solicitar prazas no programa municipal de inmersión lingüísitica "Vigo en Inglés - 2018", dirixido ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

O plazo de presentación de solicitudes é do luns 12 ao venres 23 de marzo , ambos os dous incluidos. As solicitudes, xunto coa documentación requerida, deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº 1, 36202).

Toda a información actualizada pode atoparse na web www.vigoeningles.org

Campaña de recollida de alimentos. Nadal 2017

Xuntamos documento con información sobre a campaña protagonizada polo grupo de 3º ESO-B.

Fondo Solidario de libros de texto. Listaxe definitivo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Podedes consultar a lista de libros que se concederon a través don Fondo Solidario de Libros de Texto. Darémosvos os libros tan pronto como sexa posible. Poñerémonos en contacto cos vosos pais a través dunha circular. A recollida de libros será en horario de tarde e tendes que vir acompañados dos vosos pais.

Libros do Fondo Solidario

Listaxes do alumnado que recibe libros e do alumnado excluído

Aqueles alumnos/as que teñen libros asignados serán avisados ao longo da próxima semana das datas de entrega. Serán os pais/nais/titores legais quen recollan os libros e asinen o xustificante de entrega.

Aqueles alumnos/as que non teñen libros asignadospero están admitidos deberán esperar a que se repartan libros aos anteriores e se lles asignen a eles.

Fondo de libros

A publicación das listaxes definitivas dos alumnos de 1º e 3º de ESO que recibirán libros de texto do fondo solidario do centro non se pode realizar porque desde a Consellería aínda se están a realizar as correccións necesarias.

Concurso de Clipmetrajes de Manos Unidas

Actualizado con novos clips

O alumnado de Valores éticos de 3º ESO participa no concurso de Clipmetrajes de Manos Unidas. Pulsa nas ligazóns para ver os vídeos e, se che gustan, dálles o teu voto para axudalos a gañar:

Distribuir contido


by Dr. Radut