Skip to Content

4º ESO

Calendario de exames de pendentes

Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.

Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.

Adxudicación definitiva do fondo solidario de libros para o curso 2020/21

Informamos de que xa poden consultar na Secretaría do centro os libros de texto do fondo solidario adxudicados aos seus fillos para o curso 2020/21.

As familias do alumnado ao que lle corresponda o "cheque de axuda para a compra de material escolar" poden recollelo en Secretaría.

Convocatoria de premios extraordinarios da ESO

O día 24 de xullo, publicouse no DOG a Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Prazo de presentación: ABERTO

27/07/2020 - 21/08/2020

Acceso a ciclos FP: Calendario, prazas e criterios de selección

No seguinte enlace podedes consultar a información da Consellería sobre o acceso aos ciclos medio e superior de FP:  calendario e normativa básica sobre a distribución de prazas e os criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta.

Enlace 

Información excursión 4º ESO

Debido ás circunstacias excepcionais derivadas do COVID-19, a excursión didáctica de 4º ESO queda anulada. O instituto está intentando xestionar coa axencia todo o referido á devolución das cantidades aportadas polo alumnado. A axencia ten que realizar unha serie de trámites á súa vez coa empresa maiorista contratada xa que o pago das reservas de albergue, actividades e viaxe xa foi realizado con anterioridade.

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Becas fundación Amancio Ortega

Está aberto ata o día 30 de outubro (13:00 horas) o prazo para solicitar unha das 600 becas para estudar 1º de bacharelato en Estados Unidos que convoca a fundación Amancio Ortega.

No seguinte enlace pódese consultar toda a información.

https://becas.faortega.org/

Aprazamento reunión coas familias de 4º ESO

Ante o pouco tempo transcurrido desde que boa parte do alumnado incorporouse ao curso por mor da súa estancia en Inglaterra, decidimos aprazar a reunión coas familias de 4º de ESO, programada inicialmente para o luns 22 ás 19:00 horas, para o luns 29 de outubro, tamén ás 19:00 horas.

 

Viaxe de fin de etapa de 4º ESO ao Delta do Ebro

Publicamos as fotos da viaxe de fin de etapa de 4º ESO ao Delta do Ebro e realizada entre os días 16 e 21 de abril de 2018. Lamentablemente perdéronse os metadatos dalgunhas fotos, polo que a información temporal non é sempre correcta. Pulsa na foto para acceder ao álbum.

Fondo Solidario de libros de texto. Listaxe definitivo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Podedes consultar a lista de libros que se concederon a través don Fondo Solidario de Libros de Texto. Darémosvos os libros tan pronto como sexa posible. Poñerémonos en contacto cos vosos pais a través dunha circular. A recollida de libros será en horario de tarde e tendes que vir acompañados dos vosos pais.

Distribuir contido


by Dr. Radut