Skip to Content

1º bacharelato, 2º bacharelato

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE 2º BACHARELATO (adultos)

Publicamos o calendario de exames da Avaliación final ordinaria e extraordinaria de 2º de BACHARELATO Adultos correspondente ao presente curso 2023/24. Podedes consultar toda a información no documento adxunto.

Acreditación da competencia dixital do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades ven de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa as etapas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditarán no curso 2023-2024 son os seguintes:

  • ComDix Iniciación (Equivalente a nivel A2)
  • ComDix Intermedio (Equivalente a nivel B2)

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

As acreditacións do alumnado terán unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición entregando o impreso adxunto na secretaría do centro ata o día 15 de marzo de 2024, incluído. Os impresos serán entregados a todo o alumnado en formato físico, polo que non é necesario que o alumnado o imprima.

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023-2024, realizaranse consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de abril. Terá unha duración de 20 minutos e realizarase en horario lectivo.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de maio. Terá unha duración de 90 minutos e realizarase en horario lectivo.

Informarase do día e da hora das probas coa antelación suficiente para a organización das mesmas.

Aínda que a inscrición nas probas é voluntaria recoméndase a todo o alumnado de 2º de Bacharelato presentarse ás mesmas.

As probas son gratuítas para todo o alumnado.

Normativa completa premendo AQUÍ

Máis información premendo AQUÍ

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2024-2025

O día 1 de marzo de 2024 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Normativa

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

O sistema educativo galego

PREME O BOTÓN DE AMPLIACIÓN QUE SE ATOPA ABAIXO A DEREITA E ELIXE O TEU CAMIÑO.

 

Instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Xúntase a Resolución do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

Acceso á Resolución premendo AQUÍ

Xornada de portas abertas 2024 - Proceso de admisión

Un ano máis, o IES Santa Irene organiza unha xornada de portas abertas para as famillias do alumnado interesado no proceso de admisión externa 2024-2025.

Data, hora e lugar: 27 de febreiro de 2024 ás 18:00 h no paraninfo do IES Santa Irene

Información xeral do proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ

Probas INEF 2024 (Universidade de A Coruña)

Convocatoria das probas físicas de acceso aos estudos de grao en ciencias da actividade física e o deporte, da facultade de ciencias do deporte e a educación física da universidade de A Coruña (UDC), para o curso académico 2024-2025.

Máis información premendo AQUÍ

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES (3ª avaliación)

No documento adxunto pódense consultar as datas e as aulas asignadas para a realización dos exames de pendentes correspondentes á 3ª avaliación.

Convocatoria AXUDASLE 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Máis información premendo aquí

Listaxe definitiva de alumnado prosposto - Probas de nivel lingüístico

 

Publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico (Inglés e francés) e as taxas de exame. O período de de pago das taxas de exame comezará o o venres, día 02 de febreiro de 2024, e rematará o xoves, día 29 de febreiro de 2024, ambos inclusive.

  • O pago das taxas de exame realizarase na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h, entregando a cantidade indicada nun sobre onde figure o nome e apelidos do/a alumno/a e o DNI.
  • De non consolidar o pago das taxas de exame no plazo establecido entenderase que o/a alumno/a renuncia á realización das probas e, de ser o caso, á bolsa adxudicada.
Distribuir contido


by Dr. Radut