Skip to Content

Actividade

25 anos e un mural 

O IES Sanxillao cumpríu 25 anos de historia. Dende 1992 ata 2017. O Departamento colaborou na celebración deste aniversario facendo un mural para o muro interior da entrada do centro. Os que fixeron o mural foron os alumnos de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato do curso 2016-2017 xunto co profesor que os coordinou José Luis Carrasco.

O proceso para este mural non foi o de pintar directamente sobre a parede, foi un mural feito en papel e pegado con cola ao muro. A idea non era a de deixar unha imaxe permanente no muro. Foi un mural temporal, durou o que durou. O tempo e algunha que outra man deron conta del nuns meses.

Para facelo, o primeiro que se fixo foi debuxar en cartón as letras e números de "25 anos". Fixéronse en formato grande e recortáronse. Logo os alumnos posaron coas distintas letras e números e fixéronse fotos. As fotos pasáronse a branco e negro e proxectáronse sobre papel de bobina a tamaño natural para así debuxar aos alumnos coas letras. E total foron 6 figuras para as dúas cifras (25) e catro letras (ANOS).

Estes debuxos pintáronse con tinta, primeiro as liñas principais de contornos e logo as distintas tonalidades para darlle volume. As propias luces e sombras das fotografías aproveitáronse para crear os matices dos distintos grises. Nunha das figura engadíuselle cores.

Unha vez rematado o traballo de debuxo e pintura sobre o papel, recortáronse as distintas figuras quedando unhas cantas pezas que xuntas formarían o mural.

Para rematar só houbo que botarlle cola e pegalas ao muro da entrada do noso instituto.

Co sol, a choiva e o vento, pouco a pouco o mural foise deteriorando e tamén foise rompendo. É o que ten o papel. Comezou co muro baleiro e rematou co muro baleiro.

Aos autores podes velos nunha das fotografías que tes máis abaixo. Eles foron: Mario Astorga Sastre,  María Isabel Blanco Alonso, Daniel Boullosa Obelar, Nensy Fernández Alonso, Lucía Ferreiro Blazetic, José Guaita Sanz, Jorge López Graña, Noelia Pena Ramos e Gema Rodríguez Magdalena.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



book | by Dr. Radut