Skip to Content

Artes Plásticas

actividades para o período lectivo non presencial

 

Educación Plástica, Visual e Audiovisual - 1º ESO

Educación Plástica, Visual e Audiovisual - 3º ESO A + D

Educación Plástica, Visual e Audiovisual - 3º ESO B

Educación Plástica, Visual e Audiovisual - 3º ESO C

Educación Plástica, Visual e Audiovisual - 4º ESO

 

Cultura Audiovisual I

Fundamentos da Arte I

Debuxo Artístico I - A

Debuxo Artístico I - B

Volume

  • Diseño de una arquitectura
    • Recopilación de documentación
    • Bocetos y planos
    • Realización de una maqueta
 

Debuxo Técnico I

  • Enlaces e tanxencias
  • Sistema diédrico

Cultura Audiovisual II



Fundamentos da Arte II

Debuxo Artístico II

Técnicas de Expresión Grafico Plástica

  • Deseño para un gravado en linóleo
  • Zentangle

Deseño

Debuxo Técnico II

Actividade

25 anos e un mural 

O IES Sanxillao cumpríu 25 anos de historia. Dende 1992 ata 2017. O Departamento colaborou na celebración deste aniversario facendo un mural para o muro interior da entrada do centro. Os que fixeron o mural foron os alumnos de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato do curso 2016-2017 xunto co profesor que os coordinou José Luis Carrasco.

O proceso para este mural non foi o de pintar directamente sobre a parede, foi un mural feito en papel e pegado con cola ao muro. A idea non era a de deixar unha imaxe permanente no muro. Foi un mural temporal, durou o que durou. O tempo e algunha que outra man deron conta del nuns meses.

Para facelo, o primeiro que se fixo foi debuxar en cartón as letras e números de "25 anos". Fixéronse en formato grande e recortáronse. Logo os alumnos posaron coas distintas letras e números e fixéronse fotos. As fotos pasáronse a branco e negro e proxectáronse sobre papel de bobina a tamaño natural para así debuxar aos alumnos coas letras. E total foron 6 figuras para as dúas cifras (25) e catro letras (ANOS).

Estes debuxos pintáronse con tinta, primeiro as liñas principais de contornos e logo as distintas tonalidades para darlle volume. As propias luces e sombras das fotografías aproveitáronse para crear os matices dos distintos grises. Nunha das figura engadíuselle cores.

Unha vez rematado o traballo de debuxo e pintura sobre o papel, recortáronse as distintas figuras quedando unhas cantas pezas que xuntas formarían o mural.

Para rematar só houbo que botarlle cola e pegalas ao muro da entrada do noso instituto.

Co sol, a choiva e o vento, pouco a pouco o mural foise deteriorando e tamén foise rompendo. É o que ten o papel. Comezou co muro baleiro e rematou co muro baleiro.

Aos autores podes velos nunha das fotografías que tes máis abaixo. Eles foron: Mario Astorga Sastre,  María Isabel Blanco Alonso, Daniel Boullosa Obelar, Nensy Fernández Alonso, Lucía Ferreiro Blazetic, José Guaita Sanz, Jorge López Graña, Noelia Pena Ramos e Gema Rodríguez Magdalena.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Departamento de Debuxo

ESO Bacharelato

Facendo street art con Leandro

Os alumnos de 4º de ESO viron como se fai un grafitti empregando distintas técnicas co ilustrador Leandro Barea. Nunha sesión de clase, xunto co profesor José Luis Carrasco os nosos alumnos tiveron unha primeira experiencia co chamado street art, ou sexa arte da rúa. A imaxe fíxose coa técnica de spay con plantillas (stencil), combinada con rotuladores de gran formato e dedos.

Aquí tedes o resultado, un terrorista do amor.

 

 

 


 100 anos dunha "Fonte"

Fonte de Marcel Duchamp 1917 

O 9 de abril de 1917, o urinario asinado co pseudónimo R. Mutt chegou á exposición da Sociedade de Artistas Independentes, en Estados Unidos. Marcel Duchamp, tamén integrante do xurado, presentouna como unha burla ao que el consideraba a inutilidade da arte. A peza de porcelana, que cumpre un século, foi rexeitada polos críticos e artistas. Considerárona indecente e inmoral. E aínda que a orixinal se perdeu, a súa filosofía converteuna nunha das obras máis importantes do século XX, a peza, segundo os especialistas, continúa estando vixente. O que crean os artistas dadaístas como Duchamp xa non é unha “obra de arte”, senón un obxecto, un soporte no que rexen o azar, a improvisación e o absurdo. Así, Duchamp crea os readymade (obra-feita, obxecto atopado): obxectos de uso común, cotiá, que tras unha mínima intervención do “artista” e a súa descontextualización convértense en obras de arte.

     Unha obra que rachou cun xeito de pensar e entender a obra de arte e que a consideramos como un fito na Historia da Arte xa ten unha réplica en Lugo. No IES Sanxillao atópase dende hoxe exposta unha “Fonte” de Marcel Duchamp, cedida para exposición por un coleccionista. O noso instituto, único centro público en Lugo onde se imparte a modalidade de Artes, celebra deste xeito os cen anos dun feito que revolucionou o mundo da Arte.

     Segundo a crítica, o urinario de Marcel Duchamp, é a obra de arte máis importante do século XX. Pero o máis salientable é que a súa importancia como obxecto de colección é moito menor que o seu valor como idea. Hoxe, en 2017 a pregunta que nos podemos formular é se a comprensión da evolución da Arte no último século ten avanzado algo para o público en xeral.

     Fonte non foi considerado un obxecto de arte ata despois da Segunda Guerra Mundial, cando Duchamp se converteu nunha figura de culto entre os artistas pop. Duchamp autorizou a conservadores de arte para que compraran urinarios no seu nome; en 1950 a Sidney Janis, outro exemplar en París en 1953, e en 1963 foi Ulf Linde quen seleccionou outro máis. Eses urinarios non eran iguais, senón semellantes ao orixinal por mor de que ese modelo xa non se atopaba no mercado. A primeira Fonte, de 1950 atópase no Museo de Arte de Filadelfia, a segunda de 1953 non está localizada e a terceira, de 1963 está no Moderna Museet de Estocolmo.

     Ao ano seguinte, en 1964, en colaboración con Arturo Schwarz, comerciante de arte de Milán, historiador e coleccionista, Duchamp decidiu facer réplicas (non está claro cantas se fixeron, fálase de oito exemplares e catro probas). Para conseguilas pediron a un fabricante de pezas de baño en cerámica que fixera as copias, e non existindo daquela xa o orixinal colleron como referencia as fotos que tiñan de 1917.

     Unhas semanas máis tarde da exposición de abril de 1917, nunha revista de arte chamada Blind Man incluíu unha fotografía do urinario feita por Alfred Stieglitz. Foi publicada xuntoco manifesto fundador da arte conceptual, que acompañaba coas seguintes palabras: Se o Sr. Mutt coas súas propias mans fixo a fonte non ten ningunha importancia. EL ESCOLLEUNA. Colleu un artigo da vida, colocouno de xeito que o seu significado útil desapareceu baixo o novo título e punto de vista, creou un novo pensamento para ese obxecto.

     As fotografías que fixeraStieglitz para a revista serviron para facer o molde de metal para a fabricación das réplicas en 1964. Ese é único rexistro que existe do obxecto orixinal.

     Nove das “12 fontes oficiais” de Schwarz atópanse en distintos museos e coleccións privadas do mundo. En mans privadas, hai unha en Bel Air (California), outra está en Manhattan na colección de Yosef Mugrabi, outra é propiedade de Dimitris Daskalopoulos en Atenas. Dakis Joannou, un magnate grecochipriota da construción adquiriu unha por 65.750 dólares en 1987, orixinalmente era da colección do artista pop Andy Warhol. Os museos que posúen Fontes son o MoMA de San Francisco, a Tate Modern de Londres e o Centro Pompidou de París. Tamén teñen copias en Italia a Fondazione Mudima en Milán e Luisella Zignone, coleccionista de Duchamp con sé en Biella.

     Para engadirlle aínda máis interese a esta historia, hai expertos en arte que dubidan da propia autoría da Fonte por parte de Marcel Duchamp, e sinalan á Baronesa Elsa von Freytag-Loringhoven como a creadora desta obra. Ela estaba en Filadelfia nese momento, e os informes dos periódicos contemporáneos afirmaron que "Richard Mutt" era de Filadelfia.

     O obxecto artístico único como peza de museo, icono dunha época de revolucións no mundo artístico, é orixinalmente un exemplar dun obxecto industrial. Duchamp asinou un hai cen anos, logo décadas despois, repetiu a mesma acción, e agora é un obxecto de desexo por parte de coleccionista e museos.

      O mellor é que toda esta historia é á vez dadaísta, conceptual e surrealista.

 

A nosa "Fonte" en Zigzag diario da Tvg

Distribuir contido


by Dr. Radut