Skip to Content

Tecnoloxía

Taller de electricidade. Muncyt

O alumnado de tecnoloxía de 2 ESO realiza unha visita guiada e un taller de electricidade no Muncyt en A Coruña.
Álbum: Tecnoloxía -> Taller de electricidade. Muncyt 2023

Minas de ferro. A Pontenova

O alumnado de 4 ESO de tecnoloxía realiza unha visita guiada ás minas de ferro en A Pontenova e desfrutaron dunha ruta de senderismo pola zona das antigas minas e baixada en tirolina.
Álbum: Tecnoloxía -> Minas de ferro A Pontenova_2023

CRTVG- TIC

 

O alumnado de TIC de segundo se bacharelato visita a CRTVG en Santiago de Compostela. A visita incluiu a posibilidade de estar en directo no telexornal das dez da mañá, a Revista e a Radio.

 

 

 

Álbum: Tecnoloxía -> CRTVG 2023

Sotavento 2022

O alumnado de tecnoloxía de 4º da ESO visitaron o parque experimental de Sotavento, en Xermade. 
Na visita reflexionaron sobre o consumo actual das enerxías renovables e non renovables, como é unha vivenda bioclimática, visitaron un aeroxerador e coñeceron un pouco da historia da evolución dos aeroxeradores.

Álbum: Tecnoloxía -> Sotavento 2022

Traballo para o período sen docencia presencial polo coronavirus

CURSO MATERIA MATERIAL / FORMA DE TRABALLO
2º ESO TECNOLOXÍA

Plataforma: Google Classroom

Solicitude do código de acceso en tecnoloxiasanxillao@gmail.com

3º ESO TECNOLOXÍA

Plataforma: AULA VIRTUAL

4º ESO TECNOLOXÍA Plataforma: AULA VIRTUAL
4º ESO TIC (Luis Pedrosa)

Plataforma: Google Classroom

Solicitude do código de acceso en tecnoloxiasanxillao@gmail.com

4º ESO TIC (Cesar Seco) Plataforma: AULA VIRTUAL
1º BAC

TECNOLOXÍA IND                     

Plataforma: AULA VIRTUAL
1º BAC TIC I

Plataforma: Google Classroom

Solicitude do código de acceso en tecnoloxiasanxillao@gmail.com

1º BAC TIC II

Plataforma: AULA VIRTUAL

Aula Newton

Os alumnos e alumnas que cursan Tecnoloxía Industrial I  tiveron a oportunidade de participar no proxecto Aula Newton. Unha iniciativa de Boeing en colaboración con First Scandinavia, a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo.

Este proxecto busca fomentar o coñecemento científico-tecnolóxico aplicado ao ámbito aeroespacial.
Os alumnos e alumnas tiveron que realizar un traballo previo no centro educativo que permitiu efectuar un plan de voo na aula móbil. Os obxectivos das tarefas era o de introducilos na lectura e uso de mapas, así como a determinación de puntos nun compás.
Na Newton Flight Academy puxeron en práctica os coñecementos adquiridos nos simuladores de voo dispoñibles na aula.
Álbum: Tecnoloxía -> Aula Newton 2019

II Xornada Arduino

O alumnado de primeiro da Eso, participanna segunda xornada de Arduino impartida polo alumnado de primeiro de bacharelato de Tecnología Industrial I.

Álbum: Tecnoloxía -> 2ª Xornada Arduino

Xornada ARDUINO 2019

O alumnado de 1º e 2º de BAC de Tecnoloxía Industrial realizaron unha xornada de ARDUINO UNO co alumnado de 1º da ESO

Álbum: Tecnoloxía -> Xornada Arduino 2019

Prácticas de pneumática

Alumnado de 1º de BAC de Tecnoloxía Industrial realizando prácticas de pneumática 

Álbum: Tecnoloxía -> Prácticas pneumática

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Taboleiro de cortiza

engranajes

 Membros do departamento  Membros do departamento                  Aulas e instalacions  Instalacións do departamento
 Proxecto curricular  Programación    Libros de texto

  Libros de texto

 Documentación proxectos Documentación para proxectos    Imaxes dos proxectos  Imaxes de proxectos
 Recursos na rede

 Recursos na rede

     
Distribuir contido


by Dr. Radut