Skip to Content

Aula Newton

Os alumnos e alumnas que cursan Tecnoloxía Industrial I  tiveron a oportunidade de participar no proxecto Aula Newton. Unha iniciativa de Boeing en colaboración con First Scandinavia, a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo.

Este proxecto busca fomentar o coñecemento científico-tecnolóxico aplicado ao ámbito aeroespacial.
Os alumnos e alumnas tiveron que realizar un traballo previo no centro educativo que permitiu efectuar un plan de voo na aula móbil. Os obxectivos das tarefas era o de introducilos na lectura e uso de mapas, así como a determinación de puntos nun compás.
Na Newton Flight Academy puxeron en práctica os coñecementos adquiridos nos simuladores de voo dispoñibles na aula.
Álbum: Tecnoloxía -> Aula Newton 2019


album | by Dr. Radut