Skip to Content

Orientación

Orientación académica para alumnado de 4 ESO

click na imaxe

 

Información Ciclos Formativos IES Sanxillao

Información da oferta educativa de Ciclos Formativos.

 

 

 

Click na imaxe para máis información

I xornadas de inclusión e diversidade

Proyecto "A xuventude crea"

A Asociación cultural para a integración Diversos explicou ao alumnado este proxecto que ten como finalidade promover o coñecemento das artes escénicas e audiovisuais así como facilitar a integración de colectivos excluídos ou en risco de exclusión a través das astes escénicas e audiovisuais.

 

Preparando 8 de marzo día Internacional da Muller

Hoxe 3 de marzo contamos coa Asociación ALAR Galicia que lles transmitiu ao alumnado de 1º ESO conceptos básicos sobre Igualdade de Xénero como antesala á celebración do 8 de marzo.

Aula inclusiva. Linguaxe de signos

Realizamos a primeira sesión do obradoiro sobre a linguaxe de signos que forma parte das actividades da Aula Inclusiva organizadas polo Departamento de Orientación. Houbo moita participación neste obradoiro impartido por Clara, a nosa compañeira e intérprete, e por iso as próximas sesións serán no salón de actos. Os talleres son todos os mércores deste mes de febreiro.

 

Charla familias: Novas adiccións- Internet

O próximo 8 de febreiro Rubén Darío (policía nacional) estará no IES Sanxillao ás 20:00 horas para informar ás familias sobre as novas adiccións relacionadas con internet en adolescentes

Debedes anotarvos previamente no correo do centro: ies.sanxillao@edu.xunta.gal ou no teléfono 982.82.80.88 indicando asistente e fillo/a (alumno/a). 

Esta charla enmárcase dentro do Plan Director que leva a cabo o centro este curso. A repercusión deste tema no día a día adoita ter consecuencias na convivencia e no rendemento do alumnado.

Plan director 2021/22

Nesta semana contamos de novo con Rubén Darío do Corpo Nacional de Policía dentro do Plan Director. Nesta ocasión faloulles ao alumnado de 3º ESO sobre que son os Delitos de Odio, dende a perspectiva de todos somos iguais ante a lei. 

A sensibilización en temáticas transversais é un dos eixes de traballo en valores que fomentamos no centro co fin de conseguir unha mellora da convivencia e respeto mutuo. 

Plan Director 2021/22

Esta semana estanse a desenvolver as charlas informativas no IES dentro do Plan Director para o alumnado de ESO e FPB. Trátanse temáticas de grande importancia para a mocidade como poden ser Acoso Escolar, Adiccións e Drogas, Prevención da Violencia de Xénero ou Novas adiccións e tecnoloxías. Charlas que tamén se farán para familias. 

Facer click na imaxe 

Álbum: Orientación -> Plan Director 2021/22
Distribuir contido


by Dr. Radut