Skip to Content

Blog_ACE

Blog de Actividades Complementarias e Extraescolares

CLASE PRÁCTICA DE FÍSICA: MEDIMOS A VELOCIDADE DE REACCIÓN HUMANA

 A clase da materia de Física e Química de 2º ESO do día 20 de xuño foi práctica: había que medir a rapidez de reacción humana á caída dun obxecto, recoller, procesar e analizar os datos obtidos.

CARREIRA DE ROBOTS

 O día 20 de xuño o alumnado de 2º ESO participou nunha carreira de robots feitos por eles mesmos na materia de Tecnoloxía. Os gañadores tiveron premio.

XUNTANZA DE CORRESPONDENTES XUVENÍS EN GANDARÍO

Na fin de semana do 16 ao 18 de xuño, o alumnado de 3º ESO-PDC participou nunha xuntanza de todos os correspondentes xuvenís ( Plan Proxecta) de Galicia, no albergue de Gandarío. Foi unha fin de semana chea de actividades lúdicas e deportivas.

ESTUDO DO ECOSISTEMA LITORAL

 Alumnado de 3º PDC estudando o ecosistema litoral en Noia, o día 16 de xuño.

PREPARANDO A XINCANA DE FIN DE CURSO

 O alumnado de 3º ESO-PDC está a preparar unha xincana para o último día de clases, na que haberá xogos tradicionais, adiviñas, concursos...

NAVEGANDO POLO UNIVERSO

  O alumnado de 1º ESO repasou contidos relativos ao Universo, a Terra, a lúa nun planetario de se instalou o día 14 de xuño no ximnasio do IES.

Distribuir contido


by Dr. Radut