Skip to Content

Blog_ACE

Blog de Actividades Complementarias e Extraescolares

XXIV CERTAME DE CURTAS DE NOIA

15/11/2023 16:48

 

The best film festivals, together - Festhome

O alumnado da ESO,1º BACH e CICLO asistiu á Mostra de Curtas de Noia dentro da sección: "Curta Cativa". Na sesión o alumnado tivo ocasión de visionar diversas curtas con temáticas de concienciación social e situacións polas que poden pasar nas súas idades.
Ademáis o alumnado do ciclo Ciclo de vídeo, Dj e son, participou na estrea do episodio número 3 do Videopodcast “vivir con un extraterrestre” e logo na mesa redonda con  Ana de Alba directora do 
Podcast e Juantxu Álvarez (productor)
Grazas á organización por convidarnos e aproveitamos para recoñecerlle ó seu labor a prol da difusión da cultura visual nos centros de ensino da vila de Noia e comarca

 

 

Proxecto 4CLIMAS

O IES Virxe do Mar está participando no proxecto 4 climas. A próxima proposta do mesmo é unha viaxe (10 ao 15 febreiro) ao Parque Nacional de Doñana con visitas á cidade de Córdoba, vila de Chillón, minas de Almadén e oo Parque das Táboas de Daimiel. Nesta mobilidade participarán institutos de Córdoba, Elxe e Outes.
Para participar desta actividade o proxecto CLM4S convoca un certame de curtametraxes.
Se eres alumn@ de 3ºESO, 4ºESO ou BACH, defendes a loita contra o cambio climático e queres participar...lee as bases adxuntas, graba un pequeno vídeo e...ADIANTE!!.

Fai clic para descargar as bases do concurso

Save The Planet Protect our Earth Day Planting Trees Poster | Afiches del  medio ambiente, Medio ambiente dibujo, Salvemos nuestro planeta

 

Visita a Sta. María a Nova

 

Como xa vai sendo tradición no noso instituto o alumnado de Historia da Arte acompañado pola súa profesora iniciou o curso visitando o templo de Sta. María a Nova.
Fundado no ano 1327 polo arcebispo compostelano Berenguel de Landoira é unha das máis importantes representacións do gótico mariñeiro en Galicia. Nel tamén se atopa unha exposición única de laudas sepulcrais ou laudas gremiais que datan dende épocas medievais ata a Idade Moderna. Noraboa á profesora Concha Sabucedo por esta iniciativa.

VISITA ÁS ILLAS CÍES

 O alumnado de 1º ESO visitou as Illas Cíes o día 21 de xuño: fixeron unha ruta ata o faro, coñeceron as especies características do Parque e disfrutaron da praia. A actividade foi organizada polo seu profesor de Ciencias Naturais Santiago Robado.

ACTIVIDADES MULTIDEPORTE PARA REMATAR O CURSO

  Para finalizar o curso 22-23 o alumnado participou en diversas actividades deportivas e lúdicas organizadas para amañán do día 21 de xuño.

XINCANA MULTIXOGO ORGANIZADA POLO ALUMNADO DE CORRESPONDENTES XUVENÍS

 O alumnado de 3º ESO PDC organizou o día 21 de xuño unha xincana con múltiples actividades e xogos na que participaron moitos alumnos e alumnas do Centro. Os mellores levaron premios!!.

Distribuir contido


by Dr. Radut