Skip to Content

ACTO GRADUACIÓN

Os cambios son retos que abren portas a novas oportunidades"

O martes, 22 de maio, tivemos no Salón de Actos do instituto o acto de fIn de estudos para o alumnado de bacharelato e ciclos. Foron dúas horas cheas de emocións, sorpresas, alegrías, bágoas...... un conxunto de sentimentos que ateigaron un espazo que foi testemuña da vida duns rapaces e rapazas que por aquí pasaron e por aquí, deixaron pegada.

Houbo ademais algunha que outra sorpresa......

Velaí tes o programa e algunha imaxe:

  • Discurso do profesorado

  • Proxección Vídeo "Toda unha vida"

  • Discurso de pais e/ou nais

  • Discurso do alumnado

  • Entrega de orlas

  • Actuación Banda de gaitas "Os Trintas"

  • Petisco na cafeteiría co acompañamento da banda de gaitas.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut