Skip to Content

Plan de dinamización lingüística

MUSICAL OS CAMIÑOS DA LINGUA

E rematou o curso e con el as actividades do equipo de Dinamización! Con todo, non puido haber mellor final ca este musical baseado na historia da literatura galega e que leva por título Os camiños da lingua

Desde aquí, queremos agradecer a todo o alumnado polo seu compromiso, a súa lealdade e a implicación que demostraron desde o inicio de curso para sacar adiante este espectáculo. Podedes atopar unha mostra fotográfica nos arquivos adxuntos. 

Ata sempre!! 

LETRAS GALEGAS 2023. Francisco Fernández del Riego.

Xa está preparada e exposición para as Letras Galegas deste ano 2023. A través de 9 paneis (os primeiros anos, docencia, activismo cultural, produción, Galaxia-Penzol; a RAG, cárcere e represión e o recoñecemento) podemos achegarnos á traxectoria individual e intelectual de Francisco Fernández del Riego para coñecer aqueles aspectos máis relevantes da súa vida.

As fotografías, no arquivo adxunto. 

CORRELINGUA 2023

 

O pasado 10 de maio o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO participou na edición do Correlingua 2023 que se celebrou na cidade de Ourense. Ata alí desprazáronse tamén os compañeiros Pablo Fojo -titor de 1ºESO- e Elba Rodríguez -titora de 2ºESO- para acompañar o alumando durante toda a xornada.

Na imaxe que amosamos, podemos ver a pancarta que realizamos. 

 

                                          

 

 

 

 

                              

 

EXPOSICIÓN O NOSO ENTROIDO

Eis a nova actividade do EDLG do centro para esta segunda avaliación. Desta volta decidimos facer un percorrido polas figuras tradicionais do entroido ourensán para darlle visibilidade a aqueles puntos menos coñecidos como Maceda, Manzaneda, Vilariño de Conso ou Trives. 

Para levar a cabo esta exposición contamos coa colaboración do alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato así como dos docentes dos departamentos de Xeografía e Historia, Matemáticas, Debuxo e Economía. A exposición pódese ver no primeiro andar do centro mais aquí deixamos algunhas fotografías do resultado final, e tamén como arquivos adxuntos. 

Moitísimas grazas a todos e a todas pola vosa implicación! 

DÍA DE ROSALÍA 2023

Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, o EDLG do centro levou a cabo unha instalación artística na que se poden ler os poemas máis reinvidicativos da autora. Estes poemas están distribuídos en diferentes espazos do centro, entre eles a Biblioteca, tal e como se pode ver nos arquivos adxuntos.

Por outra banda, cómpre dicir que estamos editando unha serie de videopoemas que teñen como base os poemas expostos, e que subiremos en canto a edición estea rematada.

SAMAÍN 2022

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2022/2023

Durante o curso 2022/2023, o equipo de dinamización está formado polas seguintes persoas:

 

a)    

Persoal docente:

Dona Ana García Early, profesora do departamento de Xeografía e Historia.  

Dona Silvia Moledo Martínez, profesora do departamento de Música.

Don Gonzalo García Fortes (coordinador, profesor de Lingua Galega e Literatura).

b)    

Alumnado:

Gisela Vega Moure (2º Bacharelato).

Azael Fenoy García (1º Bacharelato).

Mirian García Pérez (2º Ciclo Superior de Sistemas Electrónicos e Automatizados).

c)     

Persoal non docente.

Don Cesáreo Meiriño Gallego, conserxe do centro educativo.

 

O plan para o fomento do uso da lingua galega pódese consultar no arquivo adxunto. 

 

VIDEOTITORIAIS SOBRE CASTELANISMOS

Unha das actividades do EDLG do centro foi a creación de videotitoriais sobre os castelanismos presentes na nosa lingua. Esta actividade levouse a cabo cos grupos de 1º e 2º ESO e cos dous grupos de Bacharelato.

Todos eles foron quen de crear situacións comunicativas reais para poñer de manifesto estas interferencias lingüísticas. O vídeo está organizado en diferentes disciplinas e campos semánticos: léxico da alimentación, do corpo humano, da vía urbana e fonética.

Visita o facebook do instituto para ver o resultado final. https://www.facebook.com/xerman.ancocheaquevedo

PORTU-GAL

Eis unha das últimas actividades do EDLG deste curso académico. Desta volta quixemos facer unha chiscadela ao noso país veciño, Portugal e ao mundo da Lusofonía. Con esta actividade implicamos a toda a comunidade educativa na que coñecemos de primeira man os seus coñecementos sobre Portugal. Os encargados de realizar as entrevistas foron os alumnos de 1º Bacharelato.

Por outra parte, o alumnado de 2º ESO realizou un mural sobre os países que forman a Lusofonía e, finalmente, unha parte do alumnado de 3º ESO e de 4º ESO versionou o himno da Revolução dos cravos, Grândola, Vila Morena de Zeca Afonso.

Para coñecer todas estas iniciativas, visita o facebook do instituto:  https://www.facebook.com/xerman.ancocheaquevedo

Moitísimas felicidades a todo o alumnado, ao claustro e a toda a comunidade educativa do Xermán Ancochea.

LETRAS GALEGAS 2022. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Este ano 2022 o Día das Letras Galegas dedicouse a Florencio Delgado Gurriarán. Visita o facebook do instituto ( https://www.facebook.com/xerman.ancocheaquevedo) para ver o vídeo no que damos conta de todas as actividades que desenvolvemos desde o EDLG para homenaxear a súa figura e a súa obra literaria.

 

Desde aquí, queremos agradecer enormemente o traballo e todas as xestións levas a cabo polo director do centro que se implicou desde o primeiro momento.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut