Ven de saír publicada a Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional no curso 2023-2024
NIVEIS DE ACREDITACIÓN:
POR TER UNHA TITULACIÓN:
· NIVEL DE INICIACIÓN EN COMPETENCIA DIXITAL:
o Título de técnico en formación profesional básica
· NIVEL INTERMEDIO EN COMPETENCIAS DIXITAIS:
o Título de Técnico en Instalación Electricas e Automáticas (grao medio)
o Título de Técnico superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados (grao superior).
MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA:
· ACREDITACIÓN MEDIANTE PROBA DO NIVEL INTERMEDIO
oPoderase presentar a unha proba específica o alumnado matriculado no curso 2023-2024:
o No segundo curso do ciclo formativo de grao básico
· ACREDITACIÓN POR SUPERAR UNHA PROBA E SIMULTANEAMENTE POR OBTER UNHA TITULACIÓN:
Poderá acreditar o nivel intermedio o alumnado que supere unha proba específica en exclusiva da área de domino 4 e simultaneamente obteña algún dos seguintes títulos:
a)Título de Técnico ou Técnica de formación profesional.
b)Técnico ou Técnica Superior.
O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 22 DE maio as 23:59 h. (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)
O alumnado que desexe realizar a proba específica, sexa do nivel intermedio ou sexa soamente da área de dominio 4, solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo I.
A solicitude do alumnado menor de idade deberá contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.
As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.
Podedes atopar máis información e unha “demo” da proba de acreditación na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado