Skip to Content

Comezo curso 2023- 2024 IES Xermán Ancochea Quevedo

 

 O curso comeza o día 11 de setembro ás 8:30 para ESO, FPB e Bacharelato e ás 11:30 para os Ciclos medio e superior

 

 

Información relativa ao fin de curso 2023-2024

o próximo mércores 21 de xuño remata a actividade lectiva do presente curso. A partir de este momento levarase a cabo a avaliación, entrega de notas e o proceso de matriculación no vindeiro curso. As datas a ter en conta para fin de curso son as seguintes:

  • Exames de recuperación para educación secundaria obrigatoria e probas extraordinarias de bacharelato: 19,20 e 21 de xuño

  • Data límite solicitude fondo de libros e material para o vindeiro curso: 21 de xuño

  • Remate actividades lectivas: 21 de xuño

  • Publicación en abalar das cualificacións finais para educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica, ciclos formativos e avaliación extraordinaria de bacharelato: 22 de xuño a partir das 14:00 horas

  • Entrega de boletíns de notas e recollida de sobres de matrícula para o vindeiro curso:23 de xuño ás 11:00 horas nas aulas de grupo

  • Reclamacións ás cualificacións: 26 e 27 de xuño

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO

  • Matrícula para educación secundaria obrigatoria e bacharelato abrangue do 23 de xuño ata o 7 de xullo como data límite. Pero cada curso deberá preferentemente entregar os sobres cubertos os seguintes días no centro educativo:

 

    • Xoves 29 de xuño recollida dos sobres de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria

    • Venres 30 de xullo 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria

    • Luns 3 de xullo 1º e 2º de bacharelato

PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS

Aviso importante: antes de facer a preinscripción os que rematan o ciclo medio e superior deben pagar o título correspondente mediante o papel de taxas que está a disposición na secretaría do centro (onde estará cuberto un modelo para estes efectos de referencia)

Para completar a preinscripción e matrícula nos graos básico, medio e superior de formación profesional as datas para levalo a cabo son entre:

  • 23 de xuño e o 5 de xullo (grao medio e superior) 
  • 26 de xuño ao 6 de xullo ás 13:00 para o grao básico.

 

O alumnado ten a opción de realizar o procedemento ou ben na secretaría do centro mediante un formulario de reserva a disposición do alumnado (ED519A) ou mediante a aplicación da consellería para este procedemento (www.https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/)

 

Unha vez cumprimentada a preinscripción o alumnado entregará no centro o sobre de matrícula que se entrega para os que continúan no centro o día 27 de xuño (cubrindo todos os papeis que figuran no sobre da propia matrícula).

Para máis información acudide ao centro ou chamade

 

 

Probas extraordinarias 2º Bacharelato 2022-2023

13/06/2023 20:21

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025

 

Publicouse a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.

  • Os anexos para a súa presentación presencial tamén poden descargarse neste enlace: Anexos I e II en pdf

Destinatarios

Fondo solidario de libros de texto

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º da Educación Secundaria Obrigatoria.

Asignación de libros e contía das axudas

1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

  • a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

  • b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

O importe máximo que aboará a consellería a cada centro por cada libro complementario adquirido será de: 40 € en EP e 45 € en ESO.

2. A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

Alumnado de ESO:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.

  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.

3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO será a seguinte:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

Prazo

21/05/2024 - 21/06/2024

Forma de tramitación da solicitude

  • De forma presencial:

Cubrindo o modelo ED330B e o anexo II, dispoñibles para cubrir e imprimir nos anteriores enlaces, na sede electrónica da Xunta de Galicia ou na aplicación FondoLibros. Tamén pódense solicitar os modelos na Secretaría do Centro para cubrilos manualmente.

Unha vez que teñan cubertos todos os datos da solicitude e do anexo II deberán gardalas, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    • Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación complementaria.

    • Presentación telemática: Non será preciso imprimir nin entregar a solicitude no centro, pero si deberán descargar e imprimir o anexo II para ser asinado por todos os membros computables da unidade familiar, e logo escanealo e adxuntalo.

Documentación obrigatoria

  • a) ANEXO I (Modelo ED330b) debidamente cuberto.

  • b) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

  • Copia del libro de familia o documento equivalente, donde figuren el/la alumno/a y los demás miembros computables de la unidad familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademáis deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 

Excepcionalmente, cuando la composición de la unidad familiar no se ajuste a lo señalado en el artículo 4.1 de esta orden o no sea posible acreditar su composición por los medios anteriores, se podrá justificar el número de miembros computables utilizando alguno de los siguientes medios:

 

1º. Certificado o volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente doconcello onde resida a familia

 

  • c)Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquer membro da familia no expedido pola Administración autonómica.

 

  • d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención eo tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

  • e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentras non se produza a revisión de esta medida.

  • f) Resolución administrativa ouxudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente doconcello onde resida a familia, en caso de que o paiou a nai ouo titor ou titores carezan de DNI ou NIE.

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/24. Está excluido de esta obrigación:

b) El alumnado de EE, que tenga una discapacidad igual o superior al 65 % y el alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo al que se refiere la disposición adicional segunda, siempre que los libros o el material adquirido no se puedan reutilizar.

 

A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2024/2025.

2. Conservar en buen estado los libros de texto y el material reutilizable recibido del fondo solidario o adquirido con las ayudas para libros de texto en el curso escolar 2024/25 y devolverlos al terminar este.

3. Destinar el vale para libros, única y exclusivamente, a adquirir los libros de texto que haya establecido el centro para el alumnado beneficiario.

4. Destinar el importe del vale para material, única y exclusivamente, a adquirir el material escolar que necesite.

5. Respetar las obligaciones establecidas en el artículo 11 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia.

 

 

Máis información

 Resumo fondo de libros e axudas:

PRAZOS ESTABLECIDOS NA CONVOCATORIA

Calendario Exames Finais Ciclos 2022/2023

CALENDARIO EXAMES FINAIS CICLOS 2022/23

1º CICLO SUPERIOR

DATA

HORA

AULA

MÓDULO

PROFESORADO

16-06-23

Venres

11:30-13:10h

113

MP0518:Técnicas e Procesos en Inst. Eléct.

Mª Emilia Vázquez Meleiro

15-06-23

Xoves

11:30-13:10h

205

MP0527: FOL

Silvia. Moledo Martínez

19-06-23

Luns

 

B04

MP0517:Procesos en ICTs

Rocío Dorado Álvarez

15-06-23

Xoves

09:20h

113

MP0520: Sist e Circ .Eléct.

Antonio Vila

14-06-23

Mércores

10:10-12:20h

Final e Proba libre

B03

MP0521:Técnicas e Procesos en Inst. Domót.

Alberto Estévez Franco


2º CICLO SUPERIOR

DATA

HORA

AULA

MÓDULO

PROFESORADO

12-06-23

Luns

09:20h

Final e Proba libre

B04

MP0523:Configuración Instalac. Domóticas

Pablo Facal Graña

19-06-23

Luns

09:20/10:10h

205

MP0528: Empresa e Iniciativa emprend.

Xiana Conde Alonso

15-06-23

Xoves

08:30h

Final e Proba libre

101

MP0524:Configuración Instalac Eléct

Javier Rego

14-06-23

Mèrcores

11:30h

101

MP0519: Doc. Téc. Inst. Eléct.

Antonio Vila

13-06-23

Martes

10:10h

101

MP0602 Xestión

Mont e Mant. Inst Eléct.

Antonio Vila

20-06-23

Martes

08:30-09:20h Exposición proxecto

09:20-14:00h

Proba libre

113

MP0522: Desenv. Redes Elect. e CT

Jose Ángel

20-06-23

Martes

10:10h

101

MP0526:Exposicións Proxectos Sist.

2ºCiclo Superior

1º CICLO MEDIO

DATA

HORA

AULA

MÓDULO

PROFESORADO

15-06-23

Xoves

11:30-13:10h

205

FOL

Silvia. Moledo Martínez

13-06-23

Martes

08:30h

206

Electrotécnia

Javier Rego

 

13-06-23

Martes

15:30-18:00h

S01

Instalacións Elec

Interior

Ignacio Arturo Ramirez González

19-06-23

Luns

08:30-11:00h

206

Electrónica

Jose Ángel

 

14-06-23

Mèrcores

08:30-10:10h

B03

Automatismos Industriais

Alberto Estévez Franco

 2º CICLO MEDIO 

DATA

HORA

AULA

MÓDULO

PROFESORADO

14-06-23

Mèrcores

 

13:10-14:00h

S01

Máquinas Eléctricas

Ignacio Arturo Ramirez González

12-06-23

Luns

 

09:20h

B04

Instalacións Domóticas

Pablo Facal Graña

16-06-23

Venres

11:30-14:00h

208

Instalacións Distribuc.

Jose Ángel

14-06-23

Mèrcores

12:20h

B03

ICTs

Bernardino Quintas

19-06-23

Luns

08:30/09:20h

205

Empresa e Iniciativa emprendedora

Xiana Conde Alonso

 Nota: Nalgúns módulos hai que entregar a documentación esixida polo profesorado. 

1º FP Básica 

DATA

HORA

AULA

MÓDULO

PROFESORADO

14-06-23

Mèrcores

 

 

11:30-13:10h

208

Equipamentos eléctricos e electrónicos

Mª Emilia Vázquez Meleiro

16-06-23

Venres

 

08:30-10:10h

204

Instalacións eléctricas e domóticas

Rocío Dorado Álvarez

Convocatoria de Becas del Ministerio de Educación para estudios postobligatorios - Curso 2024/25

Convocatoria de Becas do Ministerio de Educación para estudos postobligatorios - Curso 2024/25

Convocatoria de Becas do Ministerio de Educación para estudos postobligatorios - Curso 2023/24

No BOE de 15 de marzo de 2024 publicouse o  Extracto de la Resolución de 13 de marzo de 2024 de la Secretaría de Estado de Educación por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2024-2025 para estudiantes que cursen estudios postobligatorios. 

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do ministerio: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Plazo de presentación de solicitudes: desde el día 19 de marzo de 2024  ata o 10  de maio de 2024 ás 15:00 horas.

Convocatoria

Beneficiarios

Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e atópense cursando algunhas dos seguintes ensinos:

1. Ensinos postobligatoriase superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.

b) Ciclos de Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.

c) Ensinos artísticos profesionais. d) Ensinos deportivos. e) Ensinos artísticos superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.

h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de formación profesional.

i) Ciclos Formativos de Grao Básico.

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección:

https:// sede.educacion.gob.é ou en www.educacionyfp.gob.es

Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada polo interesado ou o seu representante legal no caso de ser menor de 18 anos con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemáticoestablecido, quedando así presentada para todos os efectos.

Non serán tidas en conta aquelas solicitudes cumprimentadas por vía telemáticaque non completen o proceso de presentación establecido, obtendo o resgardo de solicitude que deberá ser conservado polo solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

O prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non universitarios estenderase desde o día 19 de marzo de 2024, ás 09:00, hora peninsular; até o 10 de maio de 2024, ás 15:00, hora peninsular, ambos inclusive

Componentes das becas e cuantías:

 1. Contías fixas. Serán as seguintes:

a) Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2024-2025.

b) Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.

c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 2.500,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios

d) Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.

e) Bolsa básica para estudantes non universitarios: 300,00 euros. No caso dos s bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.

f) Contías adicionais para bolseiros con domicilio familiar na España insular, Ceuta e Melilla e para os estudantes universitarios con discapacidade.

2. Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

Información sobre la tramitación de la beca

O interesado poderá consultar o estado de tramitación da súa solicitude na dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es, no apartado "Mis expedientes".

Asimesmo, os interesados poderán dirixirse á unidad de becas da administración educativa ou universidade correspondente identificándose como interesados no expediente co seu NIF/NIE.

Ademáis, na páxina web de este Ministerio www.educaciónyfp.gob.es poderá consultarse a situación de tramitación das solicitudes en cada unha das universidades e administracións educativas.

 

 

 

ABAU 2023. Instrucións para a realización das probas

Publicouse recentemente a Resolución do 13 de febreiro de 2023, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24. 

Convocatoria probas obtención certificados de lingua galega: CELGA 1, 2, 3 e 4

Segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 6 de marzo de 2023, convócanse as probas para a obtención dos certificados CELGA:

Persoas destinatarias:

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.

 As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.

 As probas realizaranse en Santiago de Compostela (todos os niveis) e en Ponferrada (todos os niveis excepto o CELGA 1).

 As sedes e horarios para desenvolver as probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Presentación de solicitudes e prazo.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar motivadamente a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas. 

De necesitar algún tipo de axuda para realizar as probas por mor dunha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Documentación complementaria

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

 a) Xustificante de pagamento da taxa (código 304401), salvo que este se efectúe a través da sede electrónica, caso en que o xustificante se xerará automaticamente. 

b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

Taxas de exame.

A contía da taxa para a inscrición nas probas é de 16,92 euros para cada un dos niveis.

O pagamento da taxa poderá realizarse de forma telemática ou presencial.

O pagamento telemático poderá efectuarse a través da sede electrónica, como un paso máis habilitado dentro do procedemento, caso en que o xustificante xa se xera automaticamente. Outra posibilidade é acceder directamente á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/), pagar mediante tarxeta ou cargo na conta e achegar o xustificante.

Para realizar o pagamento de forma presencial, descargarase un modelo en branco da Oficina Virtual Tributaria para cubrir á man ou imprimirase xa cuberto grazas á aplicación e, posteriormente, presentarase nunha entidade financeira colaboradora. Así mesmo, este modelo tamén se poderá solicitar nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia. Finalmente, achegarase o xustificante de pagamento.

Os códigos correspondentes á taxa son:

Consellería: Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Código: 07.

Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.

Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

Denominación da taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.

Procedemento para a admisión de aspirantes.

Unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, o secretario xeral de Política Lingüística aprobará as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade, a través dunha resolución que se publicará na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

En todo caso, as persoas que presenten emendas enviaranlle un correo electrónico á Secretaría Xeral de Política Lingüística, á conta sxpl.probascelga@xunta.gal, no cal indicarán o día en que presentaron a emenda e o contido desta.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado, o secretario xeral de Política Lingüística ditará unha nova resolución pola que se aprobará a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade, que se publicará na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Desenvolvemento das probas.

As persoas interesadas presentaranse o día de realización das probas na sede e na hora que se publiquen na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas, e irán provistas do documento que acredite a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo. Non se admitirá ningún tipo de material de apoio.

A duración das probas é a seguinte:

– Probas do Celga 1: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

– Probas do Celga 2: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

– Probas do Celga 3: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e media e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

– Probas do Celga 4: a proba escrita terá unha duración de tres horas e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

A proba oral correspondente a cada nivel Celga será posterior á proba escrita. Unha vez que remate a proba escrita, publicaranse, na sede correspondente e mais na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), os chamamentos para a proba oral, nos cales se indicará a hora en que cada persoa deberá estar presente para realizala.

A proba oral será gravada como garantía do proceso.

O chamamento tanto para a proba escrita como para a proba oral será único. Quen non se presente cando este se efectúe perderá o dereito á realización da proba.

De acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo), os chamamentos comezarán polas persoas cuxo primeiro apelido empece pola letra «V».

 

Convocatoria de folga alumnado 8 de marzo

 

 

 

O IES Xermán Ancochea Quevedo ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes para todas as etapas e niveis educativos o día 8 de marzo durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é o Sindicato de Estudantes e o motivo da folga: Folga estudiantil feminista, rexeitamento da violencia machista e loita pola igualdade real entre mulleres e homes.

Se o alumnado decide secundar a folga deberá comunicalo ao centro. Esta comunicación deberá facerse cunha antelación de como mínimo 24 horas á data folga por medio de Abalar ou ben por medio do documento escrito (anexo III) que se adxunta con esta información.

8M2023_cartel_galego.jpg

PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO 2023

Requisitos das persoas participantes

Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder aos ciclos formativos e teñan  17 anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Prazo de presentación de solicitudes

Entre o 27 de febreiro e o 10 de marzo de 2023,  ambos os dous incluídos

Solicitude de inscrición

Via web en: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición. Poderase cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada no centro de inscrición (pode ser calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con oferta de FP), acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá á  validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Estrutura e organización da proba

                            GRAO MEDIO

Parte sociolingüística

 Inclúe tres probas:

 – Lingua castelá.

 – Lingua galega.

 – Ciencias sociais

 

 Parte matemática

 Consta dunha única proba:

 – Matemáticas

 

Parte científico-técnica

Inclúe dúas probas:

– Ciencias da natureza.

 – Tecnoloxía

Realización da proba

Data e hora, a proba realizarase  o día  25 de maio de 2023  no horario que se indica a seguir:  

Presentación: ás 9:00 horas.

Partes matemática e sociolingüística da proba:

-Das 9:30 ás 13:30 horas

  (Matemáticas, Lingua Galega, Lingua Castelá e Ciencias Sociais)

 

Parte científico-técnica da proba:

– Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da Natureza e Tecnoloxía)

 

Documentación que cómpre levar e material para utilizar

O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Poderanse utilizar os seguintes materiais:

♣ Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).

♣ Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.

Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.

O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.

Conservación da cualificación obtida nas partes superadas

Para quen realizara a proba na comunidade autónoma de Galicia e NON a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia (durante os dous anos seguintes).

Cualificacións: Como se calcula a nota da proba de acceso?

A cualificación de cada parte da proba (sociolingüística, matemática e científico-técnica) será numérica, entre cero e dez puntos.

A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de 4,00 puntos en cada parte (sociolingüística, matemática e científico-técnica) e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais.

Será positiva a cualificación de 5,00 puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como “non apto/a”

As listas provisionais e definitivas relacionadas co procedemento publicaranse no taboleiro de anuncios do centro público onde se fixera a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta. gal /fp . Os datos de identificación (nome, apelidos e DNI) serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC).

Durante o período de reclamacións (do 20 ao 24 de marzo ámbolos dous incluídos) contra as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, poderase achegar a documentación pendente de entrega do solicitado na folla de inscrición.

A que nota numérica equivale a certificación onde conste unha cualificación de “apto/a”?

A normativa vixente establece que as persoas que posúan certificacións onde conste só “apto/a”, sen nota numérica, participarán no proceso de admisión a ciclos formativos cunha cualificación de 5,00.

                                          Exemplos de cálculo de nota

 

 

Sociolingüística

Matemática

Científico-técnica

Nota Media

Nota Final

 

 6,00

 7,00

6,50

6,50

6,50

 

 4,00

  5,00

5,10

4,70

Non apto/a

 

 7,00

 3,00

8,00

--

Non apto/a

 

 

Pode perder validez a certificación de superación da proba de acceso?

Non; a superación da totalidade da proba ten validez indefinida

 

Que fago se non podo presentar a solicitude por min mesmo/a? (actuación a través de representante)

Se vai presentar a solicitude a través de representante, cómpre acreditar a representación por calquera medio válido en Dereito.

En particular, sería válida unha autorización asinada pola persoa solicitante a favor da persoa representante.

Para redactar autorización a través de representante, recoméndase:

 – Identificar claramente a persoa solicitante con nome e apelidos e número de documento de identificación.

 – Incluír, dentro do propio documento de autorización, imaxe do DNI do/da solicitante.

– Indicar que autoriza a esa persoa (identificada con nome, apelidos e DNI) para representalo/a para os efectos de tramitar a súa solicitude de inscrición na proba de acceso a ciclos formativos.

 – Imprimir a autorización.

– Que a persoa solicitante asine a autorización e lla entregue á persoa representante para que a achegue coa solicitude. Non se admitirá unha autorización escanada, senón que cómpre achegar autorización con sinatura orixinal.

-Logo de confeccionada a representación, a solicitude que se leva ao centro de inscrición debe ir asinada xa pola persoa representante, non pola persoa solicitante

Distribuir contido


by Dr. Radut