Skip to Content

Actualización do listado de libros de texto do curso 2022/23

Nos arquivos adxuntos poden consultar a última actualización dos listados de libros de texto para o curso 2022/23.

Recomendamos non encargar todavía os libros que nos listados aparecen coa nota "Pendente de reconto de existencias no centro de libros usados", por se houbera suficientes para todos aqueles alumnos non beneficiarios do fondo solidario.

Lembramos que poden consultar na secretaría do centro os beneficiarios do fondo solidario de libros de texto e de vales de material escolar. 

Os vales de material xa se poden recoller e, proximamente, publicaremos o aviso para proceder á entrega dos libros do fondo solidario. 

COMEZO DO CURSO 2022-2023

 

1. INICIO DE CURSO

O día 8 de setembro comezará o curso escolar 2022-2023. O horario será o de sempre, de 08:30 a 14:00 horas.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

O transporte escolar recollerá ao alumnado transportado nas paradas asignadas no horario habitual.

Aqueles/as que solicitastes transporte escolar de estudos postobrigatorios (bacharelato e ciclos formativos) solicitade a tarxeta Xente Nova que vos permitirá facer uso do transporte escolar sen ningún copago por traxecto. Esta tarxeta  solicítase en Abanca, e trátase dunha tarxeta monedero que vos permitirá facer uso de todo o transporte integrado de Galicia. Ao ter menos de 21 anos o diñeiro que vos desconten en cada viaxe volve a ser reembolsado ao final de cada mes. O recomendable é que se carguen 60 euros, e cada traxecto de uso integrado de transporte ten un custo de 1.50 euros que como xa indicamos antes volverá ser reembolsado ao final de cada mensualidade. Máis información no seguinte enlace: www.bus.gal

Esta tarxeta permite facer uso do transporte de todas as líneas integradas existentes en galicia e disponibles para a súa consulta na páxina anteriormente indicada e sen custo para os/as menores de 21 anos debido ao reembolso das cuantías dos traxectos á tarxeta monedero.

INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

O alumnado entrará no centro, a medida que sexa chamado, por cursos e grupos. A organización de entradas, estancia nas aulas e saídas para ese día será a seguinte:

 

 

ESO, BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA 

Os cursos de 1º,2º e 3º de ESO e 1º  de Formación profesional básica terán ás 8:30 presentación xeral no salón de actos do centro co equipo directivo para explicarlle as normas de organización e funcionamento do centro ata ás 9:20 para despois pasar a ter a recepción pola persoa titora quen recordará as normas de organización e funcionamento, zonas de entrada, saída, entrega de horarios e enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casas. A partir das 10:10 teñen clases das diferentes materias segundo o horario do curso.

Os cursos de 4º de ESO e primeiro e segundo de bacharelato terán  das 8:30 ás 9:20 a recepción pola persoa titora quen recordará as normas de organización e funcionamento, zonas de entrada, saída, entrega de horarios e enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casase despois presentación xeral no salón e actos do centro das 9:20 ás 10:10 co equipo directivo para explicarlle as normas de organización e funcionamento do centro.

 

CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRITAS E AUTOMÁTICAS E CICLO SUPERIOR DE SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMATIZADOS (FORMACIÓN PROFESIONAL)


Os dous cursos de ciclo medio terán a presentación no salón de actos do centro ás 11:30 ata ás 12:20 horas
no que o equipo directivo lle explicará as normas de organización e funcionamento do centro e a continuación terán reunión cos titores/as do grupo.

Os cursos de ciclo superior terán primeiro a presentación no salón de actos ás 12:20 e a continuación a reunión cos/coas titores/as na aula de grupo.

A páxina web do centro: (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesxermanancochea/) será o principal portal de información e comunicación a nivel xeral. Toda a información ás familias será comunicada a través desta canle.

Para a comunicación coas familias priorizarase o uso da aplicación abalarmóbil, polo que se considera fundamental que todas as familias descarguen dita aplicación. (Para as familias que non poidan ter a aplicación empregarase unha vía alternativa, que será o correo electrónico ou, en último lugar, o contacto telefónico). Tamén chegarán avisos a través do mensario aos móbiles que puxestes nos datos de matrícula dos/as vosos/as fillos/as.

Na páxina web do centro actualizarase toda a información relativa ao listado de libros de texto para o  alumnado.

Os listados de libros concedidos do fondo solidario están a vosa disposición no taboleiro de secretaría do centro. Aquelas persoas que non recollestes os bonos de material pasade pola secretaría do centro.

O horario do centro é o de anos anteriores:

Modificación listado libros de texto - Curso 2022/23

Dos listados de libros de texto publicado onte, temos que suprimir os libros de Francés de 3º de ESO e os libros de MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS I e TECNOLOXÍA de 4º de ESO.

Corresponden a materias que, finalmente, non poderán ser impartidas polo noso centro o vindeiro curso.

Achegamos nos arquivos adxuntos os listados modificados.

 

Libros de texto - Curso 2022/23

En los archivos adjuntos pueden consultar las listas de los libros de texto ya definidos para el curso 2022/23.

En previsión de posibles cambios en el equipo docente, en septiembre se confirmarán más libros.

Lista definitiva de beneficiarios do fondo de libros e dos vales para a adquisición de libros de texto e material escolar

Desde hoxe, 26 de xullo de 2022, poden consultar no taboleiro de anuncios do primeiro piso do centro, a lista definitiva de admitidos do fondo solidario de libros de texto e dos vales de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Durante esta semana, ata o venres 29 de xullo, en horario de 9:00 a 14:30 tamén poden recoller os vales para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Os libros de texto do fondo solidario serán entregados a partir de setembro.

 

 

 

 

Admisión a ciclos formativos FP. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 20 ás 9:00 horas ata o día 22 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

A matrícula en calquera ciclo con prazas dispoñibles implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Prazas dispoñibles no IES Xermán Ancochea Quevedo:

  • Ciclo medio "Instalacións eléctricas e automáticas":
    • 22 ofertadas / 7 ocupadas / 15 liberadas
  •  Ciclo superior "Sistemas electrotécnicos e automatizados":
    • 23 ofertadas / 8 ocupadas / 15 liberadas

Información detallada

Páxina web "Ven a FP" da Consellería de Educación

Admisión a ciclos formativos FP. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria curso 2022-2023

Hoxe, 19 de xullo de 2022, publícanse as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision ou directamente nesta ligazón.

Listaxes de persoas con praza adxudicada

- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio

- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Procedemento de matrícula para as persoas con praza adxudicada no réxime ordinario

O prazo de matrícula do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 19 de xullo ata as 13:00 horas do venres 22 de xullo de 2022.

A matrícula poderase realizar presencialmente no centro educativo da praza adxudicada, ou tamén se poderá realizar vía web (pódense consultar as instrucións para este procedemento nesta ligazón).

Para realizar presencialmente a matrícula nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

Modelo de documento en formato PDF

 

Información detallada

Na páxina web "Ven a FP" da Consellería de Educación

 

Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa están publicadas no taboleiro de anuncios da secretaría do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do Fondo solidario de libros de texto.

Poden consultalas a partir de mañá as 9:00 horas.

Os solicitantes que empregaron a aplicación FondoLibros poden consultalo na propia aplicación.

 

 

 

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a FP de grao básico para o curso 2022-2023.

Hoxe, venres 8 de xullo de 2022, publícase a Listaxe provisional de solicitudes, por centro de orixe, de admisión en FP grao básico, réxime ordinario, modalidade presencial.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC).

O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP.

O CPC figura na folla de información importante do resgardo da solicitude de participación na admisión á formación profesional de grao básico. Calquera dúbida sobre a situación persoal neste proceso de admisión será resolta polo centro no que se realizou a solicitude.

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión en Formación Profesional

Hoxe, venres 8 de xullo de 2022, publícanse na páxina web de FP da Xunta de Galicia as listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia:

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes das solicitudes que elixiron o IES Xermán Ancochea como primeira opción.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do venres 8 de xullo ata as 13:00 horas do martes 12 de xullo de 2022.

A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión ou directamente nesta ligazón

- Nota: No tercer arquivo adxunto poden consultar as instrucións para obter o CPC. Necesitaran o código da solicitude (número que figura na parte superior xunto ó código de barras) e o número do seu documento de identidade.

- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición. 

Distribuir contido


by Dr. Radut