Skip to Content

Saída San Cibrán de Lás

O alumnado do Xermán Ancochea fixemos visita cultural o pasado xoves, 5 de decembro. Pola mañá, tocou retroceder no tempo e mergullarnos na cultura castrexa. Para iso fomos ao castro de San Cibrán de Lás, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, un dos castros galaicos de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia. Despois da visita e das explicacións dos guías, puxemos en práctica o aprendido cun divertido xogo.

Pola tarde, e despois de repor forzas cun xantar a base de bocatas e taper, fomos ao museo do Traxe Tradicional Galego e ao museo Estanislao Reverter. Alí vimos reproducións de traxes e pezas orixinais representativas de finais do século XIX e principios do XX. A seguir, coñecemos a traxectoria deportiva de Reverter a través de fotos, trofeos, placas..… e diverso material que repasa os vinte anos en activo como piloto. Para rematar a viaxe, trasladámonos ao Pazo de Trasalva, o lugar onde viviu e escribiu o Patriaraca das nosas letras, Ramón Otero Pedrayo. Este escritor, profesor, político e editor formou parte de grandes iniciativas para o desenvolvemento cultural galego como o Partido Galeguista, o Seminario de Estudos Galegos ou a Editorial Galaxia. Alí vimos obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca, así como la estrutura tradicional dun pazo galego de principios do XX.

 

 



page | by Dr. Radut