Premios e distincións
A este prestixioso certame presentáronse 129 obras.
Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) a gañadora foi Iria Freire, do IES Xulián Magariños de Negreira, coa obra Unha gaiola para a luz. A segunda clasificada foi Ana Barros, de Marín, coa peza Bala Perdida, e na terceira posición quedou Lucía Fuentes, tamén de Negreira, co traballo A vida de Marta.
Parabéns a todos/as os/as premiados/as e moi especialmente a Iria e Lucía.
A alumna de 2º ESO Lara López pasou á Fase Final da Olimpiada Matemática, que se celebrará en Lugo o vindeiro xoves día 18.
Noraboa e moita sorte!
Por segundo ano consecutivo o noso centro resultou o brillante vencedor do Club de Debate 2017 na final celebrada, o pasado sábado 6 de maio, no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. O tema da final foi "O futuro da lingua depende da mocidade", tese que tiveron que defender a prol (fronte ao IES Leixa, de Ferrol) e en contra (fronte ao IES Luís Seoane).
O equipo estaba formado por: Raúl Cobas Campos e Cristina Campos Castro (de 3º ESO); Alba Espasandín Vázquez, María Lema Barca, Jonathan Blanco Vieites e David Vigo Pena (de 4º ESO); e José Caamaño Noya, Alejandro Rodríguez Becerra, Alba García Mato, Candela Fernández Carballo e Fátima Fathallah Ezzine (de 1º de Bacharelato). A coordinadora do equipo foi María Blanco Crespo, do Departamento de Lingua e literatura Galega.
Parabéns para todo o equipo polo seu esforzo e traballo, así como pola súa actitude humilde e respectuosa durante toda a xornada. Sentimos moito orgullo por este premio. Felicitacións tamén aos demais equipos participantes polo alto nivel demostrado ao longo da competición.
Noraboa ao alumnado do IES Xulián Magariños que gañou o premio ao mellor dossier do Parlamento Xove 2017!
Moi bos resultados dos nosos equipos nas semifinais celebradas en Pontevedra. Os dous equipos do noso centro quedaron 1º e 3º. No medio quedou un equipo do IES Luis Seoane. Parabéns e sorte na final!
A nosa alumna de 4º ESO, Iria Freire Agra, ven de gañar por segundo ano consecutivo o certame literario do Concello de Negreira sobre o tema do "Maltrato contra as mulleres", baixo o pseudónimo "Peonía".
Un relato que narra unha desas historias que acontecen en calquera dos nosos fogares, onde unha vez máis unha muller loita por saír a flote dunha relación de maltrato e destrutiva. A protagonista cóntanos a súa historia como membro dunha organización que axuda a outras mulleres, reinvindicando o lugar da dignidade e a visibilidade.
Os nosos parabéns para Iria e aos seus esforzos en plena época de exames!.
Con dúas páxinas tituladas "Esperanza", o ex-alumno do noso centro, Bienvenido Suárez, vén de acadar un recoñecemento cheo de emotividade, o primeiro premio do certame literario «Dillo a quen maltrata», convocado polo Concello de Lalín no contexto das actividades arredor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Desde aquí, os nosos parabéns e desexos de moitos éxitos !!!