Act. Extraescolares
A nosa alumna Lara López, xunto con Brais Rodríguez do IES Rio Cabe de monforte e Daniel Piqueras do IES Perdouro de Burela serán os representantes galegos na fase nacional da Olimpiada Matemática que terá lugar en Valladolid do 21 ao 25 de xuño. Bravo Lara!
O alumnado da sección bilingüe e o profesorado acompañante xa se atopan en Londres disfrutando e aprendendo un montón.
Por segundo ano consecutivo o noso centro resultou o brillante vencedor do Club de Debate 2017 na final celebrada, o pasado sábado 6 de maio, no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. O tema da final foi "O futuro da lingua depende da mocidade", tese que tiveron que defender a prol (fronte ao IES Leixa, de Ferrol) e en contra (fronte ao IES Luís Seoane).
O equipo estaba formado por: Raúl Cobas Campos e Cristina Campos Castro (de 3º ESO); Alba Espasandín Vázquez, María Lema Barca, Jonathan Blanco Vieites e David Vigo Pena (de 4º ESO); e José Caamaño Noya, Alejandro Rodríguez Becerra, Alba García Mato, Candela Fernández Carballo e Fátima Fathallah Ezzine (de 1º de Bacharelato). A coordinadora do equipo foi María Blanco Crespo, do Departamento de Lingua e literatura Galega.
Parabéns para todo o equipo polo seu esforzo e traballo, así como pola súa actitude humilde e respectuosa durante toda a xornada. Sentimos moito orgullo por este premio. Felicitacións tamén aos demais equipos participantes polo alto nivel demostrado ao longo da competición.
O vindeiro martes día 9 de maio o alumnado de 1º ESO C asistirá a unha actividade sobre resolución pacífica de conflitos organizada polo Depto. de Orientación e Subvencionada pola Asamblea de Cooperación pola Paz.
O xoves 27 de abril, 6 alumnos/as do centro (dous por aula de 2º de ESO), acudiron a Santiago para participar na Olimpiada Matemática.
O alumnado de 4º de ESO do IES Xulián Magariños celebra o fin da súa etapa escolar cunha excursión a Cantabria entre os días 17-21 de abril, acompañado polos profesores Kety Lois e Pedro Núñez.
Visitarán os Picos de Europa, Potes, Fuente Dé, Colombres, Unquera, a cova de Altamira, Santillana del Mar e o Parque de Cabárceno entre outros lugares de interese turístico.
Hoxe nos envían unha foto dende a estación superior do espectacular teleférico de Fuente Dé, nos Picos de Europa. (clicando nela podedes ampliala)
Feliz viaxe!