CB FP
O xoves 19 de outubro o alumnado de 3º e 4º de ESO, FPB e Bacharelato terá a ocasión de disfrutar dunha divertida e gabada representación musico-teatral a cargo do grupo de teatro do IES de Brión. Agardamos que vos guste.
Emoción e alegría, xa que despois de 3 anos puidemos retomar o noso tradicional concurso de entroido. Queremos dar as grazas ao profesorado e alumnado que se implicou nel e que nos permitiron pasar uns ratos moi agradables e divertidos.
Ao final da gala todos puidemos disfrutar das ricas filloas que ANPA e Concello nos fixeron chegar. Moitas grazas tamén a eles. No noso Facebook podedes ver fotos da xornada.
Probas de acceso ao ciclo medio de FP.
Período de inscrición: 27 de febreiro a 10 marzo. Data da proba: 25 de maio de 2023
Para persoas que non teñan o título da ESO, FPB ou título similar que permita matricularse en ciclos de grao medio. Válidas para toda España.
Cumplir 17 anos ou maís no ano 2023.
Estrutura
a) Parte sociolingüística:– Lingua Castelá.– Lingua Galega.– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica:– Ciencias da Natureza.– Tecnoloxía
MAIS INFORMACIÓN EXEMPLOS DE EXAMES DE ANOS ANTERIORES
Probas de acceso ao ciclo superior de FP
Período de inscrición: 23 de xaneiro a 3 febreiro Data da proba: 20 de abril de 2023
Para persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso. Válidas para toda España.
Cumplir 19 anos ou maís no ano 2023.
Estrutura
a) Parte común:– Lingua Castelá.– Lingua Galega.– Matemáticas
b) Parte específica:– Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos a que posibilita o acceso.
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía
Publicamos o calendario das probas extraordinarias de final de xuño para alumnado de bacharelato e 1º FPB
O sábado celebráronse no IES Afonso X O Sabio, de Cambre, os VIII Encontros Galegos de Convivencia Positiva. Foi unha alegría recuperar esta xuntanza despois de dous anos de pandemia. O noso alumnado (Josué, Odris, Antonio e Andrea) presentou a súa experiencia dos “Encontros Emocionais”, que teñen lugar unha vez ao mes coa guía da psicóloga Rocío Búa. Fixérono estupendamente, e coa axuda de Cristina, a nosa orientadora, responderon a un montón de preguntas que xurdiron entre o público.
MARCO NORMATIVO
Decreto 443/2001 sobre condicións de seguridade no transporte escolar
Instrución 1/2021 conxunta sobre transporte escolar
LIÑAS E PARADAS
RUTAS E PARADAS 2021 Tamén se poden consultar na web BUS.GAL
Ver documento con paradas xeolocalizadas (ano 2020).
EMPRESA
UTE XG 804 liderada por Monbús. Concesionaria do contrato das liñas de transporte integrado.
* NOTA: O alumnado de Bacharelato e Ciclos Medio e Superior pode usar o transporte escolar pero deberá aboar o prezo da viaxe ou empregar a TERXETA NOVA para que lle salgan gratis. O concello de A Baña proporciona opcións de transporte ao alumnado empadroado nese concello que curse ensinanzas de bacharelato ou ciclos de FP no noso centro. Información no propio concello.
ANTERIORES
Circular 19-20 sobre transporte escolar
Instrución 3/2018 sobre transporte escolar
Manual para acompañantes do transporte escolar
Compilación de normativa actual sobre servizos complementarios (Venancio Graña)
No noso centro ofertamos o ciclo de Formación Profesional Básica de Servizos Comerciais.
Se queredes saber máis da Formación profesional básica tedes toda a información nesta páxina web da Consellería de Educación. Ahí responden a todas as dúbidas sobre os requisitos para matricularse, os prazos, as vías de obtención do título e a oferta dispoñible nos centros de toda Galicia.
Por resumir, o prazo de admisión e matrícula está aberto entre o 1 e o 10 de setembro.
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
- Ser proposto/a polo equipo docente
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
- Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
- A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Que hai que facer para matricularse?
- Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
- A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Documentación a presentar:
- Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
- Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
- Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade
Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitude de becas ao estudo para estudos non universitarios (Bacharelato, ciclos medios e superiores de FP, e ciclos formativos de Grao Básico)
A solicitude deberá formalizarse por vía telemática no formulario accesible en https://sede.educacion.gob.es
Tamén abrese o prazo para Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de Apoio Educativo.
- Os libros de texto que teñen que ser devoltos obrigatoriamente son os que pertencen ao fondo solidario de libros de texto xestionado polo centro e os libros de texto adicionais prestados polos departamentos didácticos.
- O alumno traerá o día 22 de xuño (último día de clase) todos os libros que se lle prestaron, que serán comprobados polo titor/a.
- Se ten algunha materia suspensa para setembro, o día 24, cando recolla o boletín de notas, poderá levar de volta para casa os libros correspondentes a esas materias suspensas para estudar durante o verán.
- Os libros que se leven para casa durante o verán serán devoltos en setembro cando veñan facer os exames das materias suspensas.
1- Con anterioridade á entrega as familias deberán:
- Comprobar que os libros teñen o selo e numeración do centro.
- Retirar forros vellos, etiquetas e calquera outro elemento persoal. Comprobar o estado dos libros e identificar os que estean moi deteriorados ou se consideren inservibles.
2- Agradecemos a doación de libros de texto
O curso anterior tivemos a sorte de contar coa desinteresada axuda de familias que mercaron libros de texto e considerando que xa non os ían necesitar os doaron ao centro co cal incrementamos a cantidade de libros dispoñible e puidemos repartir máis libros que nunca, o que favoreceu a toda a comunidade educativa.
Polo tanto, se tedes libros de texto propios que estean vixentes e pensades que xa non os ides necesitar, podedes traelos tamén e nós estaremos encantados de recollelos. Outras familias volo agradecerán.
Durante este curso, dentro dun proxecto de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) o alumnado de FPB tivo a ocasión de comunicarse con alumnado da República Dominicana mediante videocartas. Nesta ligazón podedes acceder a os vídeos elaborados por eles.