Tecnoloxía
Con motivo do día mundial da Auga (22 de marzo) o alumnado de 4º de ESO percorreu o "roteiro da auga potable" de Negreira, visitando o paseo do río Barcala, a captación da auga, a estación de potabilización, os depósitos e a depuradora de augas residuais. Unha actividade moi completa, na que contaron coas explicacións dos técnicos e coñeceron todos os procesos que fan posible que teñamos auga de calidade nas billas da nosa casa.
O dereito a auga potable e ao saneamento é un dereito humano esencial, recoñecido polas Nacións Unidas, pero a día de hoxe millóns de persoas seguen sen ter garantido ese dereito, sufrindo enfermidades e mortes evitables. Por iso faise necesario de que sexamos conscientes do esforzo que supón garantir o acceso á auga potable e que non malgastemos ese recurso escaso e imprescindible
http://www.un.org/es/events/waterday/
En 2019 se celebran os 500 anos da morte dun xenio, Leonardo Da Vinci. O profesor de representación gráfica da USC, D. Francisco Javier Gómez acudiu ao centro a falar sobre a súa obra, acto enmarcado dentro do programa "A Ponte" da USC, e organizado polos departamentos de Debuxo e Tecnoloxía.
Inauguramos a nova "sala de exposicións" do IES XULIÁN MAGARIÑOS, situada na cafetería, cunha mostra sobre deseño contemporáneo e industrial.
Na materia de "Deseño e impresión 3D" fixeron reproducións a pequena escala dalgunha das obras mestras da historia do deseño mostradas na exposición. Esta exposición permanecerá durante o mes de febreiro. A idea e que haxa unha mostra nova cada mes, coordinada dende diferentes departamentos.
Queremos agradecer moi especialmente a colaboración da Asociación de Nais e Pais (ANPA) "A Barcalesa" que nos axudou financiando a instalación do sistema expositivo. Estades invitados a visitala e esperamos que vos guste.
Con motivo da semana adicada á Constitucuión e a o Estatuto de Autonomía de Galicia, o alumnado de 1º ESO traballou na materia de educación plástica sobre o cartelismo electoral. No hall do centro podedes contemplar a visión do alumnado dos carteis electorais a favor do SI ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Castelao, Luis Seoane, Isaac Diaz Pardo ou Camilo Díaz Baliño firmaban as obras. Exposición das reproduccións feitas polo alumnado de 1º ESO. Foi un traballo conxunto dos departamentos de Galego, Plástica, Tecnoloxía e Historia.
Os nosos mellores desexos para un Nadal feliz e un próspero 2019.
(lettering por Valeria Torreira, árbore e adornos alumnado de 2º ESO en tecnoloxía e impresión 3D)
E aquí tedes unha felicitación de Nadal animada
(Feito con Scratch na materia de Programación de 2º ESO. Pulsar espazo para comezar. Mover o rato para interaccionar coa animación)
Co gallo do Día Internacional das persoas con Discapacidade o alumnado infórmase sobre a orixe do alfabeto Braille e xa o está usando para escribir mensaxes motivadoras.
O departamento de Tecnoloxía por outra banda nos mostra como as impresoras 3D do centro tamén son unha ferramenta ideal para elaborar material adaptado a persoas con discapacidade visual. Os principios do deseño universal ou inclusivo son algo que hai que ter en conta dende o principio cando se deseña un producto.
O xoves o alumnado de 3º e 4º ESO foi a Coruña a disfrutar da obra de teatro " Don Juan Tenorio" e visitar varios museos DOMUS, MUNCYT) acompañados dos profesores Ana Barrientos, Natalia Freire, Susana Madrea e Pedro Núñez. Ata tiveron tempo de achegarse a torre de Hércules. Unha excursión moi completa.
E o venres, o alumnado de 1º e 2º de ESO poido asistir a unha sesión interactiva sobre cultura americana organizada polo departamento de inglés.
Pois aquí podedes ver algún exemplo
DEBUXO SIMÉTRICO (pulsa espacio para borrar)
TRON (Para 2 xogadores : XOG1: Z/X XOG2: FRECHA ESQ/DEREITA Espacio reinicia)
MAIS ARTE
Achégase documento coas actividades recomendadas para recuperar a materia de tecnoloxía en setembro.