Tecnoloxía
Publicouse no BOE (Xoves 15 de febreiro de 2018) a resolución para participar nos "campus Científicos de Verán"
Os campamentos teñen una semana de duración, durante o mes de xullo, e abarcan diversas áreas científicas de enorme interese e actualidade. (intelixencia artificial en Salamanca, Astrofísica en Canarias, organismos mariños en Vigo...) Mirade o catálogo!
Este programa está dirixido a alumnado de 4º de ESO que curse bioloxía e xeoloxía e física e química ou ciencias aplicadas e tecnoloxía e tamén a alumnado de 1º de bacharelato de ciencias e que tivera unha nota media no curso pasado igual ou superior a 8,5.
O prazo de solicitudes remata o 9 de marzo as 15:00
Máis información no BOE do 15 de febreiro e na web www.campuscientificos.es
O vindeiro venres, día 23, o alumnado de 2º de ESO realizará unha visita ao complexo medioambiental do Barbanza, organizada polo Departamento de Física e Química. Sairán en dous turnos, un primeiro á primeira hora, con volta ao redor das 11 (2º A e B) e un segundo saíndo ás 11:35 e con volta a última hora (2º C e agrupamento).
O alumnado de 4º de ESO das materias de tecnoloxía e cultura científica e varios alumnos de 3º de ESO participarán o vindeiro luns nos obradoiros que a Fundación Repsol organizará nas instalacións do noso centro educativo. Por medio de diversas actividades preténdese concienciar as novas xeracións do uso responsable da enerxía e da importancia do aforro e a eficiencia enerxética. O obradoiro comezará as 9:35 e rematará as 13:35.
Aquí tedes os apuntes de electricidade de 3º de ESO cos exercicios que deberedes completar.
Hoxe o profesor de química orgánica, Ricardo Riguera nos falou do importante papel da química en campos tan diversos coma a perfumería, os pigmentos, os pegamentos, a cociña, os plásticos ou os medicamentos, e a necesidade de ter unha boa cultura científica para non ser presa fácil de publicistas interesados, pseudo-científicos e charlatáns.
Alumnado de 2º de Bac difundiu o proxecto de fabricación de conectores para cúpulas xeodésicas na maior mostra científica escolar que se celebra en Galicia. Galiciencia tivo lugar os días 22, 23 e 24 de novembro en Ourense.
O proxecto "Nicradome: Sistema de conectores rápidos para ensamblado de cúpulas xeodésicas" ven de obter o premio Desafío Impresión 3D na categoría senior nos Premios de Innovación Educativa "Desafío STEM" convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Parabéns a todo o alumnado da materia de Modelado e Impresión 3D do curso 2016-2017 e especialmente a Fátima Fathallah, Miguel Ángel Corral, Miguel Blanco e Brais García, titorizados polo profesor Jesús García.
Deseñouse un sistema de 26 conectores imprimible nas impresoras 3D do instituto, fácilmente escalables e adaptables a todo tipo de listón cadrado de madeira, de xeito que permiten a rápida montaxe de cúpulas xeodésicas de tipoloxía 2V de tamaño variable.
O IES Xulián Magariños foi un dos seleccionados e participará con outros 35 centros de varias autonomías de España nun completo programa educativo para formar a xuventude na importancia do aforro enerxético , realizando entre outras actividades unha auditoría enerxética do seu centro educativo.