Skip to Content

Seccións nunha wiki

Podo crear seccións dentro dunha páxina dunha wiki?. Intenteino poñendo o título da sección entre == e non funciona.

Wiki iniciada?¿

Non sei se estamos falando de wikis iniciadas.

Entenderiamos por wiki iniciada, como aquel documento que o profe creou, posiblemente un guión previo que o alumnado terá que ir completando individual (wiki de estudante) ou colectivamente (wiki de grupo).

Recoméndovos consultar no menú de Moodle desta mesma páxina o apartado de Wiki

http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/taxonomy_menu/9/94

Wiki iniciada

Efectivamente a wiki está creada, e o que me gustaría é crear seccións dentro dunha páxina que se poden editar independentemente, como ocorre por exemplo en wikipedia. Noutras wiki isto se fai poñendo o título da sección entre ==, pero aquí non funciona. Existe algunha maneira de facelo?

Wiki iniciada

Efectivamente a wiki xa está iniciada, aínda que eu non o fixen desde un arquivo externo txt. O que me gustaria é crear seccións, como as que teñen as páxinas de wikipedia, dentro dunha mesma páxina e poder editar cada sección independentemente. Agora o que teño é unha páxina para cada sección enlazadas desde a principal. Noutros sitio wiki unha sección iníciase pondo o título da mesma entre ==, pero aquí iso non funciona, polo menos tal como eu fixen a wiki.

Sintaxis de wiki

Efectivamente existe unha sintaxis de wiki. Problema, as sintaxis non son iniformes segundo que aplicación empreguemos.

As wikis de moodle tamén admiten código pero de momento non podemos axudarche xa que non controlamos o suficientemente dita sintaxis en moodle.

Por outra banda, neste proxecto pretendemos escapar o máis posible de empregar código xa que intentamos que as esixencias de formación para o usuario sexan as mínimas e amigables, polo que non é unha prioridade.



forum | by Dr. Radut