Skip to Content

Aparición de la hora y minutos en el chat

Temos feitos varios chat nun curso e sempre aparece: HORA MINUTO seguido do nome do participante. Como hai que facer para que apareza a hora e minutos reais en lugar das palabras HORA MINUTO? Iso axuda moito a seguir o chat. Grazas desde o IES Sánchez Cantón

Chat: horas e minutos

Cando fixeron a traducción do módulo de chat de Moodle ao galego traduxeron (%H:%M) por (Hora:Minuto) cando en realidade non ten traducción xa que son variables.

Na ruta:

  • AV Administración Idioma Editar idiomas
  • Editar frases ou palabras

Escollemos o módulo chat. Veremos varias frases traducidas. Ao final atopamos a cadea

%H:%M que se debe poñer como %H:%M
Moito coidadiño co que se fai nas cadeas de traducción.

Horas e minutos nos chats

Moitas grazas, seguindo esas instruccións quedou solucionado


forum | by Dr. Radut