Obradoiro de validación do proxecto europeo Erasmus+ MATES en Bruxelas

O pasado 28 de maio reuníronse en Bruxelas 61 representantes dos socios do proxecto Mates, para asistir a un obradoiro no que se validou o traballo desenvolvido nesta materia por mais de 175 expertos durante o primeiro ano de traballo no marco deste proxecto europeo Erasmus+, coordinado polo Centro Tecnológico del Mar (CETMAR).

Na reunión estiveron presentes diferentes avaliadores das catro Direccións Xerais da Comisión Europea: DG Mare, DG Employment, DG Reaearch e DG Growth que puideron coñecer de cerca os avances do proxecto.

Mediante a súa participación en Mates, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional colabora xunto co resto dos socios do proxecto no seu obxectivo de pechar a brecha existente entre a formación dos profesionais da construción naval e das enerxías mariñas renovables e as necesidades da industria destes sectores. Mates prevé o desenvolvemento de 11 experiencias piloto nas que se probarán formacións adaptadas ás necesidades emerxentes como: a industria 4.0, o emprego de materiais en formatos innovadores (tanto para o seu uso na aula como en contextos de aprendizaxe informal) ou a simulación de espazos industriais para o seu uso con fins didácticos.

Neste último punto a Consellería de Educación xogará un papel fundamental ao liderar os dous únicos proxectos piloto de construción física: o Freeboard Pilot, que simulará un estaleiro no propio centro formativo e o Magnus Effect, que permitirá aos alumnos desenvolver un novo modelo de jacket como parte da súa formación de mecanizado do metal. Ademais, a Consellería desenvolverá tamén un Crash Course sobre enerxías renovables que incluirá visitas a diferentes compañías do sector offshore das enerxías eólicas e mariñas.

Cun orzamento de 4,9 millóns de euros e co-financiado polo programa Erasmus + da Unión Europea, o proxecto MATES, “Alianza Marítima para promover a economía azul europea a través dunha estratexia de capacitación en tecnoloxía mariña”, finalizará en decembro de 2021.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Obradoiro de validación MATES en Bruxelas
  • Obradoiro de validación MATES en Bruxelas
  • Obradoiro de validación MATES en Bruxelas
  • Obradoiro de validación MATES en Bruxelas
  • Obradoiro de validación MATES en Bruxelas
  • Obradoiro de validación MATES en Bruxelas
  • Obradoiro de validación MATES en Bruxelas
  • Obradoiro de validación MATES en Bruxelas
Etiquetas: 
Multimedia: