Proxecto MATES

O proxecto MATES (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy) é una iniciativa liderada polo Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR e cofinanciada polo programa Erasmus + da Unión Europea, cuxo obxectivo é elaborar un plan estratéxico que mellore a competitividade da industria das tecnoloxías marítimas en Europa a través dunha adecuación das formacións existentes.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten unha participación activa no proxecto contribuíndo á fase preparatoria de busca e documentación de expertos, o establecemento da liña estratéxica de actuación e definición das necesidades futuras do sector marítimo.

Como administración responsable da xestión da formación profesional da Comunidade Autónoma, a Consellería participará cunha selección de profesorado experto en construción naval e as enerxías renovables que participará nos talleres desta Comunidade Autónoma, nas conferencias internacionais e na conferencia final.

A Consellería liderará o xxperimento piloto Freeboard eo Curso de Enerxía Eólica. Ademais, terá un papel activo nas actividades de difusión e contribuirá á coordinación do proxecto formando parte da comisión de xestión.

Consorcio

MATES reune os esforzos de 17 socios procedentes das comunidades educativas e científicas, a industria e a administración, de 8 países de Europa.

Coordinador: Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR.

Socios galegos: a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional; a Universidade da Coruña; a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) e CT Ingenieros A.A.I., S.L.

Socios internacionais: Ghent University, Aquatera, Aqualex, Aquatt, Indigo Med, Asime, Aquatt, Fundo Regional para a Ciência e Tecnologia, Strathclyde University, University of Amsterdam, Fórum Oceano, Foundation Wegemt, Cosnav Engineering e Certh.

Resultado

MATES pretende determinar de que maneira un mellor coñecemento do medio mariño e dos seus recursos por parte dos futuros profesionais desta industria, a diferentes niveis, pode ter efectos positivos sobre a competitividade, sobre a identificación e o desenvolvemento de novos mercados, sobre a gobernanza ou sobre a imaxe dos sectores que, como a construción naval ou as renovables offshore, desenvolven a súa actividade neste contexto.

Como resultado búscase cubrir as necesidades formativas actuais e futras dos sectores da construción naval e as enerxías renovables, mellorando a súa competitividade e capacidade de adaptación aos retos do futuro.

Temporalidade

Desde xaneiro de 2018 ata decembro de 2021 (48 meses).

Máis información

Etiquetas: