Europass

EUROPASS é un expediente persoal  composto por cinco documentos, que o alumnado  poderá empregar con carácter voluntario para comunicar e presentar de maneira clara e sinxela as aptitudes, as titulacións e certificacións adquiridas en toda a Unión Europea, sempre que se desexe buscar traballo ou solicitar a admisión en algún programa educativo ou formativo.

Obxectivos de europass

-  Axudar ao alumnado a comunicar de maneira eficiente as súas cualificacións e competencias profesionais.

-  Facilitar o desprazamento profesional dos estudantes/traballadores por toda Europa.

-  Fortalecer o vínculo entre a educación, a formación e o mundo laboral.

-  Facilitar aos empresarios a comprensión das cualificacións e as competencias adquiridas polos estudantes doutros países que buscan traballo.

Os principais documentos europass son:

-  Currículum Vitae Europass

-  Documento de Mobilidade Europass

-  Suplemento Europass ao Título/Certificado

O CV Europass pon a disposición dos estudantes un modelo común e persoal para presentar de modo sistemático, cronolóxico e flexible as súas cualificacións e competencias, co  fin de facilitar a mobilidade transnacional e a empregabilidade. É un documento persoal que contén declaracións exclusivamente individuais.

Comprende información sobre datos persoais, competencias lingüísticas, experiencia laboral,  nivel de estudios e formación.

Tamén pode incluír outras competencias adicionais do interesado, como as habilidades técnicas, organizativas, artísticas e sociais.

O Curriculum Vitae Europass, dispoñible en varias linguas, pódese descargar na web e cumprimentar no teu ordenador persoal ou ben cumprimentar o formulario electrónico (on line).

O Documento de Mobilidade Europass é un documento persoal que rexistra formalmente os períodos de aprendizaxe ou formación realizados polo estudante (independentemente da súa idade, nivel educativo ou situación profesional) en países distintos ao seu baixo algún programa/proxecto europeo, explicando mellor as súas experiencias e competencias adquiridas.

Recolle os datos da organización educativa de envío responsable da iniciativa de formación baixo un proxecto europeo, que debe asinar coa organización/empresa de acollida un acordo escrito de colaboración establecendo os contidos, obxectivos, duración e metodoloxía durante a estancia formativa e designando un titor na organización de acollida. O Documento de Mobilidade Europass deberá ser remitido ao Centro Nacional EUROPASS (CNE) no país de orixe. Tamén recolle información sobre as competencias lingüísticas, de informática e sociais do alumnado que realizara a súa mobilidade.

O Suplemento Europass ao Título de Técnico é un documento adxunto ao Título de Técnico de Formación Profesional destinado a facilitar a comprensión a empresas ou institucións doutro país das competencias adquiridas polo titular. O Suplemento contén información sobre a gama de empregos accesible, os organismos de expedición e acreditación, as distintas maneiras de obter o título, o nivel do mesmo, os requisitos de entrada e as posibilidades de acceso ao seguinte nivel de formación. O Suplemento non substitúe ao título, é un complemento informativo.

A Dirección Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación publicou un catálogo cos Suplementos Europass xenéricos para cada un dos Títulos de Técnico de Formación Profesional para Títulos de FP

Descarga de suplementos:

Descarga de suplementos:

Etiquetas: