Participación da FP galega na edición especial de WorldSkills 2022

WorldSkills Competition 2022 Special Edition é a substitución oficial de WorldSkills Xangai 2022, cancelada no pasado mes de maio debido á pandemia da COVID-19.

Grazas ao compromiso dos socios e membros de WorldSkills, levaranse a cabo 62 skills ou especialidades durante 12 semanas en 15 países e rexións entre o 7 de setembro e o 26 de novembro de 2022.

A 46.ª Competición WorldSkills ampliará a súa presenza xeográfica fóra de Europa e trasladarase ao leste de Asia, a Xapón, EEUU e Corea.

Os gañadores das medallas de ouro na da edición nacional Spainskills 2022 conforman o equipo español que participará na Competición Internacional de Formación Profesional, Worldskills 2022.

A nosa Comunidade Autónoma participa en este campionato internacional con tres competidores, medallas de ouro na edición nacional Spainskills 2022, que competirán nas seguintes especialidades e irán acompañados polo seu profesorado titor:

Especialidade Competidor/a Centro Titor/a Lugar de celebración Datas
Cociña María Emilia Piedra Iglesias CIFP Paseo das Pontes José Miguel García Silvarredonda Lucerna (Suíza) 19 ao 28 de outubro
Recepción hoteleira Sergio Martínez Calvar CIFP Manuel Antonio Roi Álvarez González Montreux (Suíza) 2 ao 11 de outubro 
Soldadura Mateo Rubal Fanego IES María Sarmiento Eliseo Maseda Iglesias Cleveland (USA) 13 ao 22 de outubro

RESULTADOS:

En Recepción hoteleira, o noso competidor Sergio Martínez Calvar conseguiu a medalla de bronce. Esta é a primeira medalla que consegue o equipo español nunha competición internacional de FP desde 2007, ano no que España volveu a competir e integrarse na organización internacional Worldskills.

 

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Participación da FP galega na edición especial de WorldSkills 2022
  • Participación da FP galega na edición especial de WorldSkills 2022
  • Participación da FP galega na edición especial de WorldSkills 2022
Etiquetas: 
Multimedia: