SHOT04

 

SHOT04 - Dirección de cociña

Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SHOT04
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, nomeadamente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Director/ora de alimentos e bebidas; director/ora de cociña; xefe/a de produción en cociña; xefe/a de cociña; segundo/a xefe/a de cociña; xefe/a de operacións de cátering; xefe/a de partida; cociñeiro/a; encargado de economato e adega.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0179 Inglés 160 6
MP0496 Control do aprovisionamento de materias primas 53 2
MP0497 Procesos de preelaboración e conservación en cociña 240 9
MP0499 Procesos de elaboración culinaria 267 10
MP0501 Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias 80 3
MP0502 Gastronomía e nutrición 53 2
MP0506 Formación e orientación laboral 107 4
MP0498 Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña 210 12
MP0500 Xestión da produción en cociña 244 14
MP0503 Xestión administrativa e comercial en restauración 70 4
MP0504 Recursos humanos e dirección de equipos en restauración 53 3
MP0505 Proxecto de dirección de cociña 26
MP0507 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0508 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).