ME16 - Electrocetín

Familia profesional:
Electricidade e electrónica
Centro educativo: CIFP Politécnico de Lugo
Lugo
Síntese da miniempresa:

Deseño e confección de calcetíns luminescentes para nenos e nenas que permitan pisar, andar e correr directamente polo chan do fogar, e que transmitan unha sensación de liberdade para os pés. Están equipados con tecnoloxía de iluminación LED e sensores de activación por movemento que prenden o circuíto cando detectan o dinamismo. Os fundamentos e os criterios considerados na súa elaboración cumpren a normativa de seguridade canto a materiais, accesorios, etc., e os principios de eficiencia produtiva para favorecer a súa comercialización. As pezas son lavables segundo as recomendacións de lavado ofrecidas.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.