ME15 - Madalú Longboard

Familia profesional:
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo: CIFP Politécnico de Lugo
Lugo
Síntese da miniempresa:

Deseño e fabricación de táboas para patinar longas (longboard) e patinetes elaborados a partir dunha selección de madeiras nobres (freixo, nogueira, sapeli, etc.). Estas táboas, ao seren máis longas, ofrecen unha gran estabilidade, moito xiro e maior velocidade, calidades apreciadas polas persoas que practican deporte con elas. Como opción, tamén se prevé a venda de pezas soltas sen armar. Por petición da clientela, os produtos poderán levar un gravado personalizado (nome, logo, escudo, etc.) deseñado nun contorno CAD/CAM e realizado mediante un proceso de fabricación CNC, dentro das posibilidades do propio sistema.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.