Convocatoria de EDUEMPRENDE - Actúa 2016/2017

Esta actuación se enmarca no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia Eduemprende, no eixe estratéxico 1 “Sensibilización e motivación” que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Este programa é unha acción que se desenvolve directamente nos centros educativos e consiste en achegar a realidade emprendedora a eles coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico. Tamén se pretende pór en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e o alumnado na aula.

Eduemprende Actúa desenvolverase desde o día 14.11.2016 ata o 15.03.2107 en centros educativos de toda Galicia. As actuacións terán lugar os martes e xoves durante o período da actividade.

Etiquetas: