Emprende. Rede de viveiros de empresa

Que é?

Emprende ten como obxectivo facilitar ao alumnado galego espazos e asesoramento axeitados para a posta en marcha dun negocio ou de proxectos empresariais viables, en centros educativos que conforman a Rede galega de viveiros de empresa en centros educativos.

 
Que son os viveiros de empresas?

Un viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha o teu proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia. Nel coordínanse as accións formativas, tanto aquelas para realizar nos centros próximos como as de carácter xeral, que se leven a cabo no centro de referencia.
 

Que ofrece un viveiro de empresas?

Asesoramento:

  • Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o teu proxecto.
  • Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
  • Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.

Instalacións:

  • Locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
  • Moblaxe básica propia dunha oficina, cos equipamentos informáticos e de telecomunicacións axeitados.

Servizos:

  • Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
  • Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
  • Difusión da túa empresa a través da páxina web www.edu.xunta.es/fp.

 

Requisitos de acceso

  • Alumnado matriculado (ou que rematara os seus estudos nos últimos catro anos) nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: formación profesional, artes plásticas e deseño; superiores de deseño, de conservación e restauración de bens culturais, de arte dramática, de música, de danza; deportivas, bacharelato e educación secundaria para persoas adultas (ESA).
  • Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto. 

 
Onde se atopan os viveiros de empresas

Nos seguintes centros educativos existen viveiros de empresas.

A Coruña

Centro Localidade Teléfono Titor/a
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto Coruña, A 881960122 Paula Díaz Carballada Máis información sobre o viveiro
CIFP Imaxe e Son Coruña, A 981173181 Victoria Cousillas Pérez Máis información sobre o viveiro
CIFP Paseo das Pontes Coruña, A 881961030 María Trinidad Torreiro Anta Máis información sobre o viveiro
CIFP Someso Coruña, A 881880001 Noa González Patiño Máis información sobre o viveiro
CIFP Universidade Laboral Culleredo 881960820 Ana Isabel Montes Vázquez Máis información sobre o viveiro
IES de Fene Fene 881938280 Miguel García Couñago Máis información sobre o viveiro
CIFP Ferrolterra Ferrol 981333107 María Paloma Rodeiro Santiago Máis información sobre o viveiro
CIFP Leixa Ferrol 881938125 María Luisa Ferreres Gayoso Máis información sobre o viveiro
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro Ferrol 881930145 Elena Anca Candocia Máis información sobre o viveiro
CIFP Fraga do Eume Pontedeume 881930455 Xoán García Rodríguez Máis información sobre o viveiro
CIFP Coroso Ribeira 881866874 Higinio Valiño García Máis información sobre o viveiro
CIFP Compostela Santiago de Compostela 881866570 José Manuel Arango Rodríguez Máis información sobre o viveiro
CIFP Politécnico de Santiago Santiago de Compostela 881867601 María Teresa Moya Fernández Máis información sobre o viveiro

Lugo

Centro Localidade Teléfono Titor/a
CIFP As Mercedes Lugo 982828001 María Nuria Cadórniga Vega Máis información sobre o viveiro
CIFP Politécnico de Lugo Lugo 982220328 Isabel García Díaz Máis información sobre o viveiro
CIFP Porta da Auga Ribadeo 982128894 Marisol Folgueira Chao Máis información sobre o viveiro

Ourense

Centro Localidade Teléfono Titor/a
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel Ourense 988788470 Mª Teresa Sáenz Rodríguez Máis información sobre o viveiro
CIFP A Farixa Ourense 988783012 Emma María Cid Alonso Máis información sobre o viveiro
CIFP Portovello Ourense 988788901 Pablo Gómez Pérez Máis información sobre o viveiro
IES García-Barbón Verín 988685085 María Teresa González Requejo Máis información sobre o viveiro
CIFP de Vilamarín Vilamarín 988685050 Ana María Feijóo González Máis información sobre o viveiro

Pontevedra

Centro Localidade Teléfono Titor/a
IES Laxeiro Lalín 886151940 José Antonio Rodríguez Fernández Máis información sobre o viveiro
CIFP A Granxa Ponteareas 886120880 Lucía Quelle Riveira Máis información sobre o viveiro
CIFP A Xunqueira Pontevedra 886159860 María Cristina Soto Ogando Máis información sobre o viveiro
CIFP Carlos Oroza Pontevedra 886159545 María Teresa Barreiro Abilleira Máis información sobre o viveiro
CIFP Montecelo Pontevedra 986850261 Mónica Cochón García Máis información sobre o viveiro
IES Luís Seoane Pontevedra 986857700 Elena María Iravedra Díaz Máis información sobre o viveiro
CIFP Audiovisual de Vigo Vigo 886111152 María José Vázquez Hernández Máis información sobre o viveiro
CIFP Manuel Antonio Vigo 886120750 Elena Otero Eimil Máis información sobre o viveiro
CIFP Valentín Paz Andrade Vigo 886110857 Isabel Castro Rodríguez Máis información sobre o viveiro
IES Ricardo Mella Vigo 886121001 Raquel Martínez Rivas Máis información sobre o viveiro
CIFP Fontecarmoa Vilagarcía de Arousa 886151956 Paula Boo Pardavila Máis información sobre o viveiro
IES Armando Cotarelo Valledor Vilagarcía de Arousa 986512311 Alicia Rodríguez Díaz Máis información sobre o viveiro