Convocatoria do programa eduEmprende Actúa 2022-2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pretende con este programa mellorar a empregabilidade e competitividade do alumnado dos centros educativos, traballando de forma específica diferentes aptitudes ou competencias (a creatividade, habilidades sociais e comunicativas, o traballo en equipo, autoestima e o sentido crítico) co fin de crear e desenvolver o seu espírito emprendedor no seu ámbito persoal e profesional. Tamén se pretende poñer en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e o alumnado na aula.

Como novidade este curso existe a opción de escoller entre 5 actividades diferentes: creatividade para a innovación, análise das capacidades, da idea á idea de negocio, procura de traballo e a comunicación.

Este programa vai dirixido a alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia, dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño e Bacharelato que estean a cursar a materia de "Economía".

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: