Eduemprende Atrévete Santiago 2015
O programa consta de actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria e de xornadas de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Está organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Área Empresarial do Tambre.
As actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria celébranse no CIFP Politécnico de Santiago e as xornadas de fomento para Educación Secundaria Obrigatoria na sede da Asociación Área Empresarial do Tambre.
Desenvolvemento do programa:
Nesta convocatoria participaron un total de 452 alumnos e alumnas pertencentes as seguintes centros educativos:
- CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso
- CEP Pilar Maestú
- CEIP Agro do Muiño
- CEIP Barrié de la Maza
- CEIP Torre Illa
- CEIP Apóstolo Santiago
- CEIP O Coto
- CEIP Raiña Fabiola
- CPI Plurilingüe de Vedra
- CPI de Bembibre
- IES Xelmírez 2
- IES Pontepedriña
- IES de Brión
Colaboraron diferentes empresas da Asociación Área Empresarial do Tambre:
- Recambios Santiagueses S.L
- DST Software S.L
- Noyamóvil S.L
- Tórculo Artes Gráficas S.A
- Recursos Galicia S.L.
- Financiera maderera S.A.
- El Correo Gallego
- Urovesa