Convocatoria programa DepoEmprende 2021-2022

Programa enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Deputación de Pontevedra para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

Este programa ten por obxecto o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras, a difusión da cultura emprendedora e a adquisición de competencias en materia de emprendemento por parte do alumnado de Educación Primaria,Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanzas especiais.

As bases da nova convocatoria van dirixidas ao alumnado dos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanzas Especiais de centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da provincia de Pontevedra.

As distintas actividades de esta convocatoria desenvolveranse ao longo do curso escolar 2021-2022.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Etiquetas: