Idea

Que é eduemprende Idea? 

É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Quen pode presentarse ao concurso?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2017-2018 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
  • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria, lle corresponde á agrupación.
  • Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros
  • Modalidade B: ciclos de grao medio
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros

Como participar

Os participantes deberán formar grupos de entre dúas e catro persoas e formalizarán a inscrición do seu grupo e do proxecto, no prazo establecido na correspondente convocatoria. Os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou do número de teléfono 900 81 51 51. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet. Deberán cubrirse necesariamente to­dos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

As solicitudes de participación presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I ás bases.

Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para achegar os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario de solicitude normalizado (anexo I) co IDE, acompañado das copias simples da documentación. Para estes efectos os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no devandito artigo. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).


Información e contacto

Para calquera dúbida referente ao concurso dirixirse a:

IGAPE.

Asesoría de emprendemento.

Convocatoria 2018

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de eduemprende Idea para o ano 2018 e toda a información relacionada.

Convocatoria 2017

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de eduemprende Idea para o ano 2017 e toda a información relacionada.

Convocatoria 2016

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de eduemprende Idea para o ano 2016 e toda a información relacionada.

Convocatoria 2015

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de eduemprende Idea para o ano 2015 e toda a información relacionada.

Convocatoria 2011

Etiquetas: