Proxecto Lugo emprende 2

 

Este proxecto da continuidade aos iniciados no curso 2013/2014 na Mariña Lucense  e no curso 2014/2015 na provincia de Lugo. A proposta deste proxecto enmárcase dentro do Plan de Emprendemento de Galicia  “eduemprende"

O obxectivo principal é avanzar na difusión do valor do emprendemento contribuíndo ao desenvolvemento das comarcas da provincia de Lugo, así como promover o desenvolvemento das calidades persoais, tales como a creatividade, a iniciativa, a sunción de riscos e a responsabilidade.

Participan 20 centros da provincia de Lugo. Seleccionáronse 13 IES/CPI —un por comarca—, 4 CEIP —un por concello máis poboado— e os 3 CIFP que contan con viveiro de empresas:

Comarca dos Ancares: CPI Uxío Novoneira
Comarca da Fonsagrada: IES Plurilingüe Fontem Albei
Comarca de Chantada: IES Val do Asma
Comarca de Lugo: IES Sanxillao
Comarca da Mariña Central: IES de Foz
Comarca da Mariña Occidental: IES María Sarmiento
Comarca da Mariña Oriental: IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Comarca de Meira: IES Pedregal de Irimia
Comarca de Quiroga: CPI Poeta Uxío Novoneira
Comarca de Sarria: IES Gregorio Fernández
Comarca da Terra Chá: IES Lois Peña Novo
Comarca de Terra de Lemos: IES A Pinguela
Comarca da Ulloa: IES de Monterroso
Concello de Lugo: CEIP Luís Pimentel
Concello de Monforte de Lemos: CPR Padres Escolapios
Concello de Vilalba: CEIP Antonio Insua Bermúdez
Concello de Viveiro: CEP Luís Tobío
CIFP As Mercedes
CIFP Politécnico de Lugo
CIFP Porta da Auga

 As institucións implicadas neste proxecto

  • Coordinación e desenvolvemento do proxecto:
    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao  alumnado, facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.
  • Difusión: “El Progreso” divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.
  • Finanzamento:  63.605.93 € aportados pola Fundación Alcoa.

 Actuacións programadas

  •  Actividades de sensibilización para o alumnado:

    -  Reunións con empresarios
    -  Visitas a empresas

  • Actividades de formación  para o alumnado e profesorado dos centros implicados no proxecto:

    -  Xornadas de motivación
    - “Design thinking”: desenvolvemento do proceso  creativo
    -  A importancia da comunicación: “Story telling aplicado ao marketing”
    -  Presentacións de impacto
    -  Emprender con éxito
    -  Marketing on line
    -  Modelo de negocio: da idea ao mercado
    -  Patentes e marcas
    -  Aplicación das TIC no emprendemento

  • Proxecto de miniempresas:

 - Obxectivo xeral : fomentar activamente  a creación de proxectos de miniempresas nos centros educativos.
 - Obxectivos específicos:
   -impulsar as metodoloxías vinculadas coa educación emprendedora
  -potenciar as competencias persoais e profesionais do alumnado
  -interconectar o sistema educativo co entorno
  -valorar a figura das persoas emprendedoras 
- Destinatarios:
   -Alumnado dos centros educativos implicados no proxecto
- Temporalización:
  -Novembro: selección dos proxectos
  -Novembro-decembro: formación do profesorado seleccionado
  -Xaneiro-maio: desenvolvemento dos proxectos seleccionados nos centros
  -Xuño: presentación de resultados

  • Concursos para o Fomento da creación de proxectos empresariais:

– Redacción dunha idea de negocio:  6º Primaria e 1º e 2º ESO
– Pequeno proxecto de empresa: 3º e 4º ESO.
– Proxecto empresarial: Bacharelato e   Formación Profesional.

  •  Elaboración de material didáctico: videos, publicacións
  •   Difusión do proxecto

Toda a información  estará dispoñible:
- web: www.edu.xunta.es/fp
- Boletín educativo.
- Folletos informativos.
- Video do proxecto e publicacións.
- “EL Progreso.”

  • Enquisas

Enquisa do proxecto para alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional
- Enquisa do proxecto para alumnado de primaria

  • Concurso

- Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais
- Relación de premiados

  • Proxectos de miniempresas

- Proxectos de miniempresas

Etiquetas: