Convocatoria programa eduemprende Preparados para o salto 2021-2022

Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

Esta convocatoria ten por obxecto dar a coñecer ao alumnado como a tecnoloxía que está a transformar a forma de vivir e traballar, ten un efecto directo sobre a xestión nas nosas finanzas persoais e na seguridade que precisa o mundo dixital.

Dirixido ao alumnado de Bacharelato, ciclos formativos de Formación Profesional, Ensinanzas para adultos, Ensinanzas de artes plásticas e deseño e Ensinanzas deportivas de centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo, é dicir, desde o 26 de novembro ata o 10 de decembro de 2021.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: