Convocatoria programa Superlíderes 2018-2019

Este programa, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria no espírito emprendedor.

O obxectivo de este programa é dar a coñecer ao alumnado, practicar e fortalecer seis competencias que os converterán en auténticos Superlíderes: a motivación, o enxeño, a comunicación, a fascinación, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria de centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

As distintas actividades desta convocatoria desenvolveranse dende o mes de outubro ata o mes de abril.

O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 11/10/2018.

Fase final e gala de entrega de premios do programa Superlíderes 2018-2019

O día 9 de abril celebrouse a fase final e a gala de entrega de premios do programa Superlíderes 2018-2019 nas instalacións da Escola Galega da Administración Pública (EGAP).

Os centros participantes foron os seguintes:

  • CEP Plurilingüe de Ventín (Ames)
  • CPR Plurilingüe La Inmaculada (Santiago de Compostela)
  • CEIP Flavia (Padrón)
  • CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle (Ourense)
  • CEIP de Espedregada (Poio)
  • CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra)
  • CPR Plurilingüe Atalaya - Cantabria (Vigo)

Os retos desenvolvidos polo alumnado de 3º e 4º curso de primaria participantes foron:

  1. Reto motivador: Educar en igualdade é un dos grandes retos da nosa sociedade.
  2. Reto creativo: O cambio climático e a contaminación son dous grandes retos para garantir o futuro do noso planeta.
  3. Reto comunicativo: Cremos que a comunicación emocional, a convivencia de razas e culturas e a linguaxe inclusiva son activos esenciais nas nosas aulas. Desexamos loitar nas aulas contra os bulos, as noticias falsas e a adicción ás novas tecnoloxías.
  4. Reto persuasor: Somos a dirección do teu cetro educativo e decidimos organizar unha xornada de portas abertas para convencer ás familias locais dos beneficios de matricular aos seus fillos e fillas no noso centro.
  5. Reto negociador: Refutar o seguinte argumento da AMPA do noso centro educativo: “Os nenos e as nenas non deben usar os móbiles ata os dez anos”. Reto director: Presentación dunha infografía do que debe ser un líder.

Despois de que o alumnado de 3º e 4º de primaria seleccionado por cada centro educativo para competir nos retos mencionados finalizase a súa competición, os xurados propuxeron como gañadores de 3º curso aos seguintes:

Superpoder Centro Alumnado
Dirección CEIP de Ponte Sampaio Aroa García
Negociación CEIP Flavia Víctor Abascal
Persuasión CEIP Flavia Lois García
Comunicación CEIP Flavia Érika Červeňák
Enxeño CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle Maimouna Koulén
Motivación CEIP de Ponte Sampaio Andrea Fraguas

 

No caso de 4º curso o alumnado gañador foi o seguinte::

Superpoder Centro Alumnado
Dirección CEP Plurilingüe de Ventín Aroa Riveiro
Negociación CEP Plurilingüe de Ventín Gabriela Leis
Persuasión CPR Plurilingüe La Inmaculada Diego Martínez
Comunicación CEP Plurilingüe de Ventín Celtia Lustres
Enxeño CPR Plurilingüe La Inmaculada Diana García
Motivación CEP Plurilingüe de Ventín Iria Riveiro

 

Pola súa banda, o premio Supercolexio foi para o centro CEIP Flavia por acadar a maior puntuación nas participacións do seu alumnado.

Ademais dos diplomas acreditativos o alumnado gañador recibiu como agasallo, en función do curso polo que competían, kits de robótica e drons.

Etiquetas: