FD a distancia. Documentación

  • Instancia de solicitude axustada aos modelos da Orde do 5 de xuño de 2007. 
    • Anexo V, para módulos profesionais de grao medio.
    • Anexo VI, para módulos profesionais de grao superior.
  • Fotocopia do documento de identificación: DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea.
  • Se a persoa solicitante cumpre os requisitos xerais de acceso directo, presentará a certificación oficial correspondente.
  • Se a persoa solicitante acredita experiencia laboral, presentará a seguinte documentación: 
    • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que estea afiliada, en que conste a vida laboral, a categoría e o período de contratación (traballadores e traballadoras por conta allea).
    • Certificación da empresa onde se especifique a duración do contrato, a categoría laboral, a actividade desenvolvida e período en que se realizara.
    • Certificación de alta no imposto de actividades económicas e, de ser o caso, do período de cotización no correspondente réxime especial da seguridade social (traballadores e traballadoras por conta propia).
  • Se a persoa solicitante xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa.

De ser o caso, certificado que acredite a condición de minusvalía ou de deportista de alto nivel ou rendemento.

Etiquetas: