Información xeral

As ensinanzas de formación profesional a distancia caracterízanse pola flexibilidade, de xeito que lles permitan ás persoas adultas a posibilidade de combinaren o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou con outras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais.
 
 
Persoas destinatarias 
As persoas adultas, especialmente as que teñan acreditada experiencia profesional, preferentemente nun sector produtivo directamente relacionado co ciclo formativo. 
 
Recoméndase posuír coñecementos básicos de uso do computador persoal e de internet (navegar en páxinas web, correo electrónico, etc.)

Na seguinte ligazón pode consultar a información relativa aos itinerarios formativos nas ensinanzas de adulltos.

Itinerarios formativos
 
Prazos período ordinario para o curso 2015-2016

  •  Presentación de solicitudes: entre o día 17 de xuño e as 13:00 horas do día 2 de xullo de 2015.
  •  Publicación da listaxe provisional de solicitudes: o día 8 de xullo de 2015.
  •  Reclamacións contra as listaxes provisionais: entre o día 8 e as 13:00h do día 10 de xullo de 2015.
  •  Publicación da listaxe definitiva de solicitudes: o día 17 de xullo de 2015.
  •  Publicación da 1ª relación de admitidos/as: o día 17 de xullo de 2015
  •  Matriculación da 1ª adxudicación: dende o día 17 ata as 13:00h do día 23 de xullo de 2015.
  •  Publicación da 2ª relación de admitidos/as: o día 28 de xullo de 2015
  •  Matriculación 2ª adxudicación: dende o día 28 ata as 13:00h do día 30 de xullo de 2015.

 

Prazos período extraordinario para o curso 2015-2016

  •  Publicación da 1ª relación de admitidos/as*: o día 2 de setembro de 2015
  •  Matriculación da 1ª adxudicación: dende o día 2 ata as 13:00h do día 4 de setembro de 2015.
  •  Presentación de solicitudes: entre o 1 e as 13:00h do día 11 de setembro de 2015.
  •  Publicación da listaxe provisional de solicitudes: o día 16 de setembro de 2015.
  •  Reclamacións contra as listaxes provisionais: entre o día 16 e as 13:00h do día 18 de setembro de 2015.
  •  Publicación da listaxe definitiva de solicitudes: o día 23 de setembro de 2015.
  •  Publicación da 2ª relación de admitidos/as: o día 23 de setembro de 2015
  •  Matriculación 2ª adxudicación: dende o día 23 ata as 13:00h do día 25 de setembro de 2015.

*Nota: a primeira adxudicación extraordinaria realizarase sobre as listaxes de espera do período ordinario.

   


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente. (Acceso a normativa de admisión).

Etiquetas: