IV Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2016

Galiciaskills 2016 do 30 de novembro ao 2 de decembro

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o IV Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2016, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.

Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, GaliciaSkills 2016 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.

Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 19 competicións relacionadas coas especialidades da formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. As 19 competicións celebraranse na Feira Internacional de Galicia (Silleda) do 30 de novembro ao 2 de decembro.

Horarios competición (entrada libre):

- Mércores 30 de novembro: 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h

- Xoves 01 de decembro: 10:00h a 14:00h


 
 
Patrocinadores GaliciaSkills2016

Etiquetas: