Dimensión europea da FP: formación, mobilidade e emprendemento. Xornada

A Fundación Galicia Europa e a Xunta de Galicia, co apoio da Representación da Comisión Europea en España, organizan esta xornada informativa dirixida esencialmente a profesores e orientadores de Formación Profesional de Galicia. Coa mesma preténdese explicar o marco europeo no que se imparte a Formación Profesional, as oportunidades de mobilidade existentes dentro da UE e as iniciativas de apoio ao emprendemento coas que contan os mozos titulados de FP.

Lugar de celebración: CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

Data de celebración: 14/05/2014

Horario: de 9:00 a 19:00 h

O código da actividade e ligazón para a inscrición: G1302031

- Máis información

Etiquetas: