Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2017-2018

A quen vai destinado?

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia de:
  • Segundo curso de ciclos formativos de grado medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
  • Bacharelato que estean a cursar "Economía".

Cando se vai desenvolver a actividade?

  • Do 14 de novembro de 2017 ata o 20 de marzo de 2018.
  • Martes e xoves durante o período da actividade.
  • Listaxe de centros educativos participantes por provincias. Premendo na provincia atopará os centros, localidades e datas de celebración (Máis centros pendentes de confirmacións)
A Coruña
Centro educativo Data Hora
IES Leixa (Ferrol) 21/11/2017 12:00 - 13:30
IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela) 05/12/2017 09:00 - 10:30
IES de Sabón (Arteixo) 05/12/2017 12:00 - 13:30
IES de Fene 14/12/2017 12:00 - 13:30
Lugo
Centro educativo Data Hora
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo) 30/11/2017 09:30 - 11:00
CIFP As Mercedes (Lugo) 30/11/2017 12:00 - 13:30
Pontevedra
Centro educativo Data
      Hora
IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) 12/12/2017 12:00 - 13:30
IES Monte da Vila (O Grove)
19/12/2017 09:00 - 10:30
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) 19/12/2017 12:30 - 14:00

Como se vai desenvolver? 

  • Fase 1: Achegamento á actividade emprendedora.
    O profesorado realiza unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai desenvolver na fase 2.  
    O profesorado debe enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es o Anexo II coa información relativa a esta actividade desenvolvida na aula.
  • Fase 2: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
    Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.
  • Fase 3: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.
    O profesorado participante enviará ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es a ficha de recollida de datos que figura como Anexo III.

A actividade na Fase 2 ten unha duración aproximada de 90 minutos e desenvolverase no salón de actos do centro:

  • Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
  • Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).
  • Mesa redonda. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.

Solicitude

As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA EDUEMPRENDE ACTÚA.

Na ficha de solicitude (Anexo I) deben figurar os seguintes datos.

  • Denominación do centro
  • Persoa de contacto
  • Teléfono de contacto
  • Data de preferencia
  • Enderezo electrónico de contacto
  • Grupos de alumnado participante

Selección dos centros

Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado e a adecuación das preferencias á dispoñibilidade do persoal técnico do IGAPE.

Unha vez sinalada a data de desenvolvemento da actividade no centro, este deberá enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, os datos da/s persoa/s emprendedoras propostas polo centro para a súa participación, co seguinte asunto: PROGRAMA EDUEMPRENDE ACTÚA.

Etiquetas: