Xornada de revisión do proxecto Erasmus+ KA2, SFATE

O día 25 de outubro tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago unha xornada de análise dos avances do proxecto Erasmus+ KA2, SFATE (Smart fFarm Trining for Employment), así como de revisión do resultado final do mesmo: a creación do portal Smart Farming.

Nela estiveron presentes diversos profesores da familia agrícola de centros de formación profesional galegos, así como persoal da Federación EFA Galicia e da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O portal Smart Farming é unha ferramenta que ofrecerá múltiples servizos relacionados coa agricultura intelixente orientándoa a múltiples perfís: estudantes, profesores, agricultores e empresarios. Un dos seus obxectivos principais é a creación de emprego no sector agrícola baseado no uso de novas tecnoloxías e a transferencia das devanditas innovacións ás zonas rurais.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Xornada de revisión do proxecto Erasmus+ KA2, SFATE
  • Xornada de revisión do proxecto Erasmus+ KA2, SFATE
  • Xornada de revisión do proxecto Erasmus+ KA2, SFATE
Etiquetas: 
Multimedia: