Smart Farm Training for Employment (SFATE)

Contexto

No marco da Estratexia Europa 2020, o crecemento e o emprego nas zonas rurais, a seguridade alimentaria e o cambio climático son os retos aos que se enfronta a resposta da nova reforma agraria na UE. Unha resposta adecuada a estes desafíos representa unha terceira revolución no sector, que xa está en marcha na agricultura e que require os medios adecuados. De feito, trátase de medios dixitais,  robótica, que afectan á xestión a distancia e  tamén representan unha oportunidade de emprego para mozos cualificados nestas materias.

Smart Farming foi aceptado como un método para mellorar os medios de subsistencia e a sustentabilidade, pero hai unha necesidade dun cambio na práctica e na mentalidade para conseguilo. Require reunir servizos de asesoramento, estimular a creación de redes e a cooperación. As novas tecnoloxías poden ser transformadoras, pero é necesario facelas máis coñecidas, incluíndo exemplos prácticos do seu uso e da súa aplicación

Os socios do SFATE decidiron traballar xuntos para aproximar a innovación aos actores rurais, e especialmente aos máis novos que están máis familiarizados coas ferramentas dixitais e tecnolóxicas.

Asociación

Coordinador: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Socios:

  • Federación EFA Galicia
  • USC - (Escola Politécnica Superior - Lugo)
  • Association des Chambres d'Agriculture de l'Arc Atlantique(Francia)
  • Philipps Universitaet Marburg (Alemaña)
  • Biotehniski center Naklo (Eslovenia)

Resultado

O Portal Smart Farming é unha ferramenta que ofrecerá múltiples servizos relacionados coa agricultura intelixente. O obxectivo é apoiar aos profesores, formadores e asesores na orientación de estudantes, aprendices e agricultores sobre tecnoloxías aplicadas aos cultivos. É unha ferramenta para ensinar e aprender a través da exploración e que permitirá adaptarse ás necesidades individuais de formación.

Tamén servirá para demostrar que se pode crear emprego no sector agrícola baseado nas novas tecnoloxías. Nesta ferramenta reunirase todos os resultados do proxecto e permitirá transferir a tecnoloxía experimentada ás zonas rurais.

  • Contribuirá á mellora das competencias profesionais e das oportunidades de emprego.
  • Aproximará aos estudantes e aprendices ás tecnoloxías aplicadas á agricultura dentro dos centros de formación.

Temporalidade

Este proxecto ten unha duración de 24 meses.

Máis información

Etiquetas: