Convocatoria programa eduemprende La loca aventura del ahorro 2021-2022

Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

Esta convocatoria ten por obxecto que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e a importancia do aforro na vida, a través do xogo e explorando o mundo da cultura teatral.

Dirixida ao alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo, é dicir, desde o 26 de novembro ata o 10 de decembro de 2021.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: