Acto de clausura de eduemprende Atrévete 2021-2022

Onte tivo lugar o acto de clausura do programa Atrévete e a entrega de premios do concurso "Atrévete a ter unha idea" no CIFP Politécnico de Santiago.

O programa Atrévete, enmarcado dentro do plan de emprendemento Eduemprende, nace da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e diferentes asociacións e grupos empresariais, sendo o seu obxectivo prioritario o impulso da cultura emprendedora.

Ao longo deste curso o alumnado de primaria e secundaria de diferentes centros educativos de Galicia, a través do programa Atrévete, tivo a oportunidade de coñecer e acercarse ao tecido empresarial e produtivo visitando centros educativos onde se imparten ensinanzas de formación profesional e empresas. Así mesmo, puideron participar no concurso "Atrévete a ter unha idea" aportando un vídeo no que explican unha idea de negocio relacionada con diferentes especialidades da Formación Profesional.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Atrévete a ter unha idea 2021-2022
  • Atrévete a ter unha idea 2021-2022
Etiquetas: 
Multimedia: