Proxectos de formación da convocatoria 2017-2018. Resolución provisional

Resolución provisional da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional para o curso 2017-2018.

Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.

Etiquetas: 

Ampliación prazo de presentación solicitudes. Premios proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2018.

Amplíase ata o 17 de xaneiro de 2018 o prazo de presentación de solicitudes para a participación na convocatoria de premios segundo a resolución do 04 de decembro de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Etiquetas: 

Instrucións para o desenvolvemento da FP dual para alumnado de 2º curso

Instrucións da Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre o desenvolvemento da modalidade de formación profesional dual para o alumnado matriculado no segundo curso dos ciclos formativos de Formación Profesional no réxime ordinario no curso 2017-2018, en ensinanzas sostidas con fondos públicos.

Etiquetas: 

Resolución do concurso Eduemprende Idea 2017

Publicada a Orde do 29 de novembro de 2017 pola que se resolve o concurso Eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 30 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2018

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o día 17 de xaneiro de 2018.

Etiquetas: 

Eduemprende. Convocatoria do programa Finanzas para Mortais

Convocatoria para participar no programa "Finanzas para Mortais" enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A. para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

Data de publicación27.11.2017

Etiquetas: 

Mención especial ao IES Miguel Ángel González Estévez nos Premios Europeos á Innovación na FP

O pasado 24 de novembro de 2017, durante o derradeiro día da segunda Semana Europea da Formación Profesional, en Bruxelas, o IES Miguel Ángel González Estévez, de Vilagarcía de Arousa, recibiu unha mención especial do xurado nos

Multimedia: 

Xornada orientación profesional: ámbito educativo laboral. Curso 17-18

O vindeiro mércores 29 de novembro de 2017, realizarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, na rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro, en Santiago de Compostela, a "Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-2018". Esta xornada está dirixida aos profesionais de orientación dos centros educativos e do ámbito laboral. Trataranse aspectos relacionados coa cualificación das persoas, a súa empregabilidade e as medidas de apoio dispoñibles.

Xornada para axentes intermedios: Mergúllate na economía social

A Rede Eusumo organiza o próximo 13 de decembro, no salón de actos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), Rúa de San Lázaro 107, Santiago de Compostela, a “Xornada para axentes intermedios: Mergúllate na economía social”.

Distribuir contido